Criticas dos socialistas por unha cabalgata de reis que foi unha sombra da de pasadas edicións.

Publicado por Redacción en

Despois dos anos marcados pola pandemia, neste por fin poderiase ter feito unha Cabalgata de Reis ilusionante e atractiva. Unha Cabalgata que, ademais de levar emoción e ledicia aos nenos e nenas da vila, fora un impulso para o comercio e a hostalería locais, enchendo a nosa vila de xente. Pero unha vez máis, a desidia e a falta de interese -características habituais deste equipo de goberno- impuxéronse, e a Cabalgata de Reis de Pontecesures, que chegou a ser referencia na comarca, apenas foi unha sombra do que foi anos atrás. É unha mágoa que a apatía do equipo de goberno local bote por terra o traballo feito durante anos por moitos veciños e veciñas de Pontecesures para facer grande esta actividade.E a cabalgata non foi máis que o colofón dunha programación de Nadal inexistente (lamentable que pasaran por alto a visita de Papa Noel á rapazada de Pontecesures), que non lle dera máis pulo a celebración do día do Patrón, ou que non incluira ningunha iniciativa para impulsar os negocios locais.

Socialistas de Pontecesures

1010


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.