Padrón celebrará unha das 10K máis multitudinarias este sábado, con máis dun millar de participantes.

Publicado por Redacción en



Cartel del la prueba.

Padrón 10K reunirá este sábado a 1.167 atletas nas diferentes categorías, o que sitúa á vixésima edición desta carreira “no top3 de todas as celebradas ata o momento polo número de participantes”, según a concelleira de Deportes, Lorena Couso. Os pitufos tomarán a saída ás 16.00 horas no campo do Souto, ás 16.45 horas sairá a proba 5k e ás 17.30 a carreira de dez quilómetros. Para garantir a seguridade das persoas participantes, o Concello anuncia restricións tanto no tráfico rodado como no aparcamento en varias rúas da vila, afectadas polo percorrido da carreira entre as 15.30 e 19.00 horas. Lorena Couso xustifica a restricións na circulación polo gran volume de participantes. “Temos 1.167 atletas competindo e debemos garantir a seguridade de todos os participantes e o bo desenvolvemento da proba”, remarca. Para a concelleira de Deportes, a 10K contribuirá este sábado a crear un gran ambiente na vila, ao xuntar atletas, familiares e amigos, e suporá un motor económico para moitos dos negocios locais. Os cortes de tráfico afectarán ao Campo do Souto (lugar de saída e meta da proba), á rúa Travesía da Feira, Agro do Medio e rúa Castelao, á praza da Leña así como ás pistas municipais que van paralelas ao río Sar ata a desembocadura (accesos, paseo e carril bici). No que atinxe ao aparcamento, Lorena Couso indica que se delimitarán zonas de estacionamento restrinxido no Campo do Souto durante toda a xornada. A concelleira de Deportes apela á colaboración cidadá e lamenta as molestias que as limitacións de tráfico e de aparcamento poidan ocasionar á veciñanza. Xunto á carreira de dez quilómetros, a edición da 10K Padrón inclúe como novidade unha proba homologada de cinco quilómetros. Participarán na carreira tanto atletas federados como non federados. A recollida de dorsais desenvolverase das 11.30 ás 13.00 horas no pavillón do Souto e a partir das 15.00 horas ata media hora antes do inicio de cada unha das categorías.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.