Xosé Manuel Beiras participa en Valga no ciclo de cinema social de Os Penoucos.

Publicado por Redacción en

O Ciclo de cinema social de Valga xa se ten consolidado como unha das citas culturais do ano nesta vila pontevedresa. Neste 2023. celebrarase esta fin de semana, co pase de dúas películas e os coloquios que virán despois.

A primeira cita será o sábado, ás sete da tarde, na casa de cultura de Ponte Valga. Desta volta proxectarase «Beiras, vivir dúas veces», un documental sobre a figura deste carismático político, que logo se vaise sumar ao coloquio.

A segunda das citas chegará o domingo, tamén ás sete da tarde, e desta volta o traballo que se vai ver é «A rosa incandescente». Despois haberá unha conversa con Anxos García Fonte (produtora e guionista da peza) e Anxo Angueira (Presidente da Fundación Rosalía de Castro).

A entrada a estes actos é de balde.

La Voz de Galicia.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.