Morreu Pepe Llerena.

Publicado por Redacción en

O Señor Don José Victoriano Llerena Ferro
(Pintor e muralista cesureño, mestre de artistas, ceramista da Celta, e xefe decorador do Castro de Samoedo por máis de 40 anos.)
“Foi un pai e marido exemplar e un home realizado e feliz polo que lle deu a súa vida centenaria, aquela que perdeu sen querer perdela, e que lle quereríamos alongar. Hoxe lle choran pola ría de Sada e polas ribeiras do Ulla, chórano as sereas do río e as mulleres todas que pintou e aquelas que abeirou, como tamén lle choramos, desconsolados, os familiares e amigos, mentres o gran Llerena, o noso mestre creativo, vai camiño de Santiago, soíño, na súa postremeira peregrinación”
Finou o día de onte, aos 95 anos de idade, despois de recibir os Santos Sacramentos.
D. E. P.
A súa esposa, Enriqueta López Abruñedo; fillos, María Isabel, Antón Xosé, Cristina e Enrique; fillos políticos, Alfonso Vázquez e Esther Roca; netos, Sabela, Sandra, Javier, Candela e Selene; sobriños, curmáns y demais familia.
Pregan unha oración polo eterno descanso da súa ánima. Misa de ánima: hoxe venres, día 17, ás ONCE E MEDIA da mañá, na capela do tanatorio. Funeral: hoxe, ás CINCO da tarde, na igrexa parroquial de Sada D’Arriba. Enterro: a continuación, no cemiterio municipal de Sada. A saída do fogar funerario efectuarase ás CINCO MENOS DEZ da tarde.
Tanatorio Apóstol; fogar funerario, nº 2 – Lugar. Tarabelo, 58 Sada (A Coruña).
Sada, 17 de marzo de 2.023 www.funerariaapostol.es (981.621.992)

Deixounos onte en Sada o grande xenio das artes e mestre de artistas – pintor, escultor, ceramista, muralista,decorador – o cesureño Jose Victoriano Llerena Ferro (Pepe LLerena) ós 95 anos de idade. Naceu o mesmo día que Rosalia, pero 91 anos despois, en 1928, fillo de Segundo Llerena Braña (irmán do meu bisavó) e Carmen Ferro. De meniño tivo que ser internado no sanatorio de tuberculosos da Lanzada, onde puido recuperarse de tan mortifera enfermidade, despois duns 5 anos de estancia. Alí foi onde descubriu a súa vena artistica, despois de ver a unha enferma facer uns debuxos, empezou a darselle por debuxar e espertoulle a que sería a sua debordante imaxinación (cousa xenetica de sempre na familia LLerena). Saiu do sanatorio con 11 anos, sen saber ler nin escribir, pero logo cando vai á escola pronto ponse ó día. Xa moi mozo a súas ansias artisticas terán cabida comezando a traballar no seu pobo, na famosa Cerámica Celta que rexentaba Ramón Diéguez. Ali moldeaba figuras e as decoraba. Con 16 anos vai a estudar a Santiago na Escola de Artes e Oficios,mentras o compaxina dando clases particulares de debuxo, e xa daquela xa daba conta das súas andanzas artisticas o seu veciño Raimundo García «Borobó» no xornal «La Noche». Nos 50 vai traballar para a nova fábrica de cerámica artistica do Castro (Sada), onde se convertirá nun estreito colaborador de Isaac Díaz Pardo e sendo durante 40 anos o Xefe Decorador da empresa. Vivirá entre Sada e A Coruña. Nesta cidade será mestre de cerámica na escola de Artes e Oficios, e fará moitos murais para as entradas de edificios de luxo. En 1970 pasará unha estancia en Ecuador, contratado pola ONU, para ensinar técnicas ceramistas. Ademais da cerámica e murais, e autor de moitas pinturas, de estilo abstracto, coa que se presentará a prestixiosos certames e sendo recoñecido e galardonado en varios deles. Era unha persoa dun caracter moi alegre. Na vila natal deixou pegada coma escultor do escudo de Pontecesures, que está na casa do concello e donou a preciosa serea que luce na piscina municipal (1989). Tamén sonaravos a moitos a portada do libro «Los últimos cien años de Cesures»,que escribiu Jose Piñeiro Ares, pois a pintura do Pino Manso que alí aparece e tamén da súa autoria. Pepe Llerena soubo tamén transmitirlle o súa paixón pola arte ós seus fillos e incluso un deles, Antón Xosé Llerena López, é doutor en Belas Artes. Esa sensibilidade e caracter especial os seus fillos deixana con este agarimoso e sentido recordo na súa esquela : “Foi un pai e marido exemplar e un home realizado e feliz polo que lle deu a súa vida centenaria, aquela que perdeu sen querer perdela, e que lle quereríamos alongar. Hoxe lle choran pola ría de Sada e polas ribeiras do Ulla, chórano as sereas do río e as mulleres todas que pintou e aquelas que abeirou, como tamén lle choramos, desconsolados, os familiares e amigos, mentres o gran Llerena, o noso mestre creativo, vai camiño de Santiago, soíño, na súapostremeira peregrinación».O seu cadaver está no Tanatorio Apostol (Tarabelo-Sada) e este venres será as 17 h, será o seu funeral na igrexa parroquial de Sada de Arriba.Descanse en Paz Pepe LLerena.

Daniel Seijas Llerena

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.