Os socialistas cesureños cualifican de electoralista o boletín municipal.

Publicado por Redacción en

A pesares de ter contratado un servizo de Publicidade e Propaganda por 5.000 €, este concello ten un grave problema de comunicación. Limítase a sacar un boletín, en época preelectoral, para tratar de vender os seus escasos logros políticos. Unha mágoa que non tiveran a mesma axilidade anteriormente para comunicar as convocatorias de subvencións, as axudas para o comercio e a hostalería tras a pandemia, ou as accións para mellorar as habilidades dixitais dos nosos maiores. Por certo, resulta ata chusco, que estas últimas anúnciense só polas redes sociais, ás que precisamente, non teñen acceso as persoas a quen van dirixidas.

Socialistas de Pontecesures.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.