Investigan a causa do incendio que arrasou 20 hectáreas en Caldas e Valga.

Publicado por Redacción en

Aínda non deran as tres da tarde do martes cando se comezaron a ver varias columnas de fume nos montes de Carracedo, en Caldas de Reis e na zona das Cernadas, no concello de Valga. O incendio causou a alarma nas comunidades de montes que aínda se recuperan doutro incendio que arrasou centos de hectáreas hai catro anos.

Tres helicópteros e numerosos medios desde terra comezaron a traballar nas tarefas de extinción.  Lograron impedir que o lume afectase algunhas vivendas. Durante as tarefas tamén preocupou a proximidade das lapas á AP-9. Tamén que o fume obrigase a cortar a circulación. Finalmente non foi necesario. 

«Na nosa zona parece que estaría controlado. Polo que nos din desde o distrito estariamos falando de 8 ou 10 hectáreas queimadas. Eu creo que vai ser o principio dun longo verán, onde as condicións meteorolóxicas, a falta de previsión e a actuación dos falcatrueiros está xerando un cóctel perfecto», explicaba Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas de Reis.

O incendio forestal quedaba estabilizado tres horas despois de iniciarse tras queimar case vinte hectáreas de monte arbolado nos dous concellos. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 13 brigadas, 7 motobombas e 3 helicópteros. A Garda Civil xa investiga se foi intencionado, como se sospeita, para dar co autor ou autores.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.