Eurovisión en formato familiar, o espectáculo que triunfa en Valga.

Publicado por Redacción en

Varias comunidades educativas participaron no evento organizado polo CRA valgués

Naceu durante o confinamento e quedou: o CRA de Valga organiza dende hai anos unha versión propia de Eurovisión. A final do certame deste ano celebrouse no auditorio municipal, onde o Festivalga 2023 reuniu a estudantes, familias, usuarios do CODI e do Centro de Día con gañas de pasalo ben e bailar coas imitacións e actuacións de temas participantes en Eurovisión, Eurojunior ou nos certames de preselección.

Durante a gala, presentada por Adrián Baloira e Antía Piñeiro, director e secretaria do CRA de Valga, proxectáronse as trinta actuacións participantes nesta cuarta edición do Festivalga. Alumnado, profesorado e comunidade educativa do CRA e doutros centros de Valga coma o colexio Ferro Couselo ou a escola infantil municipal, familias, representantes doutros CRAs de Galicia… A participación foi do máis heteroxénea e de orixes moi diversas: Ordes, Pontevedra, Ponteceso, Vigo ou Vilaboa, por citar algunhas das localidades.

Houbo, claro, actuacións que destacaron tanto como para merecer premio. Pero os galardóns foron o menos importante dunha xornada de convivencia.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.