Sés actuará o 1 de xullo en Valga dentro da Festa da Xuventude.

Publicado por Redacción en

Pola mañá celebraranse as Olimpíadas de Aldea

Adécimo quinta edición da Festa da Xuventude, que se celebra o sábado 1 de xullo na área fluvial de Vilarello de Valga, xa ten cartel musical. A cantautora galega Sés e o grupo América de Vigo serán os encargados de amenizar a noite, a partir das 23 horas, despois dunha xornada na que as actividades deportivas serán as protagonistas. María Xosé Silvar presentará en Vilarello o seu octavo traballo discográfico, Diante dun eco, no que regresa aos seus inicios e no que destacan temas como Cantan as balas ou Para cando eu morra. A continuación subirá ao escenario o grupo América, un clásico das verbenas galegas con 47 anos de carreira.

Ademais das actuacións musicais, durante toda a xornada disputaranse en Vilarello as Olimpíadas da Aldea, para as que está aberto o prazo de inscrición. Poden participar equipos formados por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 6, todos a partir de 15 anos de idade. Os equipos serán mixtos e contarán cun mínimo de dúas persoas de cada xénero. Disputaranse simultaneamente ata cinco xogos e deportes: fútbol praia, brilé, carreiras de sacos, o cangrexo e unha xincana. En cada un outorgaranse as correspondentes medallas douradas e prateadas aos primeiros e segundos clasificados, ademais de gratificalos con 200 e 100 euros respectivamente. En total, repartiranse 1.500 euros en premios.

O prazo para anotarse estará aberto ata as 13 horas do día 29 entregando no Concello a correspondente folla de inscrición cuberta ou enviándoa ao enderezo cultura@valga.gal. A folla pode descargarse na páxina web municipal ou collela no Concello.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.