Os socialistas de Valga cargan de novo contra as comisións de coordinación e contra o custo en retribucións do goberno de Bello Maneiro.

Publicado por Redacción en

Bello Maneiro comeza a lexislatura na mesma liña: Falta de transparencia, trabas á fiscalización e aprobando as Comisións de Coordinación, que Cosital e o Consello de Contas consideran non axustadas a dereito.

No pleno de organización o PP aprobou cos votos en contra do Psoe a creación das comisións de coordinación. Esta aprobación fíxose sen informe do secretario municipal e só cun documento de proposta de alcaldía onde se advertía que como secretario das comisións seguirá actuando un dos concelleiros populares que asisten, en vez dun funcionario público.

A nosa portavoz: “A falta deste informe reflexa que, como mínimo, este funcionario público non considera clara a creación e regulación das comisións deixando en evidencia que estas comisións non cumpren con todos os requisitos regulamentarios para que se axusten á legalidade”.

Como informaba Cosital no 2017 “non se adecúa á legalidade a ausencia dun funcionario público que actúa como secretario da comisión”. E no 2023 advertiu o Consello de Contas, o máximo órgano consultivo e de control de Galicia, “que en caso de manterse por parte do goberno local as comisión o seu réxime de organización e funcionamento debe axustarse á normativa de réxime local en relación coa presenza preceptiva como secretario de un funcionario público que vele pola legalidade formal e material das actuación do órgano colexiado, certifique as súas actuación e garanta que os procedemento e regras de constitución e adopción de acordos son respectados. Máxime no suposto en que os asistentes ás sesión da Comisión de Coordinación perciben asistencias pola concorrencia efectiva o que configura como imprescindible o levantamento de acta das sesión que acrediten tanto a súa celebración como a relación de asistentes, que implica a función de fe pública prevista no artigo 3.2 do RD 128/2018”.

A nosa portavoz “sen que un funcionario público que certifique esas reunións non podemos saber cantos concelleiros asisten, se esas reunións verdadeiramente se fan ou non, tampouco se pode acreditar que todos os concelleiros que cobran asisten ou non ás comisións, polo que se podería estar dando unha situación de uso fraudulento do diñeiro público”Ademais no pleno aprobáronse as asistencias ós órganos colexiados subindo case un 35% as asistencias ás Xuntas de Goberno Local e ás Comisións de Coordinación, que pasan de 75€ a 100 € por concelleiro. Así como a suba do 70% do plus ó presidente de cada un dos órganos colexiados, que neste caso recae sempre no propio Alcalde.

Con estas dietas e asistencias o Alcalde asegúrase un soldo anual de arredor dos 25.000 €.

A nosa portavoz no pleno recriminou as mentiras do grupo popular “non se pode mentir, non se pode saír na prensa dicindo que o alcalde dende a súa xubilación lle sae gratis ao concello, cando de media mensual cobra arredor de 2.000€”.

Socialistas de Valga






0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.