Nerea Novo subcampiona de Europa junior de piragüismo (Marathón).

Publicado por Redacción en


O Concello de Pontecesures felicita a Nerea Novo, deportista do Náutico Pontecesures, que vén de proclamarse subcampiona de Europa junior de piragüismo nos Campionatos Europeos de Marathón Canoe Europe, que se desputan en Slavonski Brod (Croacia).

Tras completar 3 voltas e 2 porteos, Nerea logrou a segunda posición cun tempo de 1: 11:18,19, quedando por detrás da húngara Imola Batka, cun tempo de 1:10:06.12. O terceiro posto foi para Iringo Batka, tamén de Hungría.

Despois, a deportista cesureña competiu na final de maratón curto, onde acadou un meritorio sétimo posto.

Parabéns.


Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.