Padrón nomea Peregrino de Honra a José Antonio de la Riera Autrán.

Publicado por Redacción en

José Antonio de la Riera Autrán / c. de padrón

O Concello de Padrón distinguirá a José Antonio de la Riera Autrán co premio Padrón, Berce do Xacobeo, un galardón que implica o seu nomeamento como Peregrino de Honra e que o acredita como embaixador padronés e do Camiño. O acto, que se enmarca na celebración do Día do Peregrino, desenvolverase o venres 21 ó mediodía na igrexa parroquial de Santiago de Padrón. Nado en Vigo en 1953, José Antonio de la Riera Autrán é fundador da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, entidade que foi recoñecida co Premio Elías Valiña 2004 á recuperación dos Camiños de Santiago, un galardón que conceden a Xunta e o Comité Internacional de Expertos do Camiño. Ademais, é fundador da FICS e actual vocal de comunicación da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago, que acolle a peregrinos de 29 países. Con esta distinción, o Concello pon en valor tamén a experiencia como peregrino e hospitaleiro dunha das persoas máis implicadas no estudo, conservación, defensa e promoción do Camiño. O premio Padrón, Berce do Xacobeo foi instaurado en 2017 polo Concello para destacar o traballo de persoeiros relevantes a prol do Camiño e para que exerzan como embaixadores de Padrón nas rutas xacobeas.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.