A reapertura do Museo Carlos Maside.

Publicado por Redacción en

CAMILO DÍAZ ARIAS DE CASTRO.

DIRECTOR DO LABORATORIO DE FORMAS DE GALICIA

O Laboratorio de Formas de Galicia, pese a ser o fundador, copropietario e director do Museo Carlos Maside, non foi tido en conta na súa reapertura.

Desde o primeiro momento o Laboratorio foi quen solicitou á Xunta a declaración BIC do Museo Carlos Maside. Tamén foi quen dirixiu o museo ata o seu peche, en 2014, e foi quen loitou pola apertura do museo, denunciando o seu precario estado, e séndolle negado acceso ás suás instalacións, pois cambiaran as pechaduras. A creación do Museo Carlos Maside foi unha iniciativa do Laboratorio de Formas, integrado por Isaac Díaz PardoLuis Seoane e Andrés Fernández-Albalat, sendo moitas das obras da súa colección donadas ou depositadas por Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane e os seus contactos.

A Fundación Sargadelos non ten vinculación algunha co Museo Carlos Maside, polo que consideramos ilegal o intento de apropiación e cambio de nome do citado museo. Esta é unha situación anómala que lle obrigou ao Laboratorio de Formas a iniciar procedementos xudiciais.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.