Aquela derradeira promoción do bacharelato técnico-laboral de Vilagarcía.

Publicado por Redacción en

16 dos 24 alumnos que hai cincuenta anos remataron os seus estudos reuníronse nun xantar de amizade

Hai xa 50 anos dende que a derradeira promoción do Bacharelato Superior Técnico-Laboral de Vilagarcía se graduou no entón denominado instituto laboral Calvo Sotelo, o actual IES Castro Alobre. Dende entón, os 24 alumnos que remataban os seus estudos descorreron por camiños vitais moi distintos. Pero a meirande parte deles, 16, foron quen de xuntarse onte nun xantar que se desenvolveu no restaurante Acebo.

Unha ocasión como esta non se presenta todos os días, polo que o menú estivo á altura: nécoras, camaróns e lechazo para selar medio século de amizade.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.