O Concello de Padrón celebra este sábado 23 unha homenaxe a Pepe Domingo Castaño.

Publicado por Redacción en

Na praza dedicada ao xornalista convócase un brinde na súa memoria ás 13.15 horas

No acto intervirán o seu irmán Susé e o alcalde Anxo Arca

Pepe Domingo Castaño no balcón do Concello, o día do acto con motivo do nomeamento en Padrón dunha praza dedicada ao xornalista

Pepe Domingo Castaño no balcón do Concello, o día do acto con motivo do nomeamento en Padrón dunha praza dedicada ao xornalista.

O Concello de Padrón organiza este sábado 23 de setembro unha homenaxe ao finado Pepe Domingo Castaño que se vai celebrar na praza dedicada ao coñecido xornalista a partir das 13.15 horas.

Ao rematar o acto farase un brinde na súa memoria

Ao rematar o acto farase un brinde na súa memoria

No acto van intervir o alcalde, Anxo Arca, e Susé Castaño Solar, irmán do xornalista finado a madrugada do pasado domingo. A homenaxe vaise celebrar na praza Pepe Domingo Castaño do casco histórico padronés, na que xogaba de pequeno o homenaxeado. Ao rematar farase un brinde na súa memoria.

Pepe Domingo Castaño descubrindo a placa da praza que leva a seu nome en Padrón

Pepe Domingo Castaño descubrindo a placa da praza que leva a seu nome en Padrón.

O alcalde convida a toda a veciñanza de Padrón a “sumarse a esta homenaxe, coa que queremos agradecerlle todo o que Pepe Domingo Castaño fixo polo noso pobo, e trasladarlle á súa familia todo o noso agarimo”, indica Anxo Arca.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.