Abertas as inscripcións para a XXI Padrón 10K que manterá a competición de 5 quilómetros.

Publicado por Redacción en

Haberá premios en metálico para os primeiros clasificados da carreira principal e trofeos para o resto de categorías do día

Imaxe de arquivo da Padrón 10K da pasada edición

Imaxe de arquivo da Padrón 10K da pasada edición.

A XXI Padrón 10K volverá reunir o sábado 3 de febreiro aos deportistas que participarán nela asentada xa como un dos eventos destacados na axenda do atletismo galego.

A cita, organizada polo Concello de Padrón coa colaboración da Deputación da Coruña, a Federación Galega de Atletismo e Kaiku-Protein, está aberta a todas as persoas, posúan ou non a licenza federativa. Ademais, despois da súa gran estrea no pasado ano, mantense tamén neste 2024 a competición de cinco quilómetros. 

Ámbolos percorridos, o de 5 quilómetros e o de 10 quilómetros, foron coidadosamente seleccionados e homologados pola RFEA para garantir a precisión e a calidade da competición. Os participantes gozarán dun desafío atlético mentres percorren un itinerario que destaca a beleza de Padrón e os seus arredores.

As inscricións están abertas ata as 23.59 horas do mércores 31 de xaneiro e poden realizarse en liña a través de emesports.es. Pódese solicitar máis información a través do teléfono 654 285 692 ou no correo electrónico soporte@emesports.es.

Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha soa carreira (5K ou 10K) cun custo de 7 euros dende a categoría sub16 a máster. Os escolares ata os 14 anos non pagan. 

En total establécense trece categorías. Os pitufos (nadas/os no ano 2020 e posteriores) e prebenxamíns (nadas/os dende 2017 a 2019) serán os primeiros atletas que tomarán a saída na 10K padronesa ás 16.00 e as 16.10 horas, respectivamente, para cubrir 60 e 300 metros. Son as únicas probas non competitivas da xornada. 

A partir das 16.20 será a quenda dos sub 10 (600 metros) e dos sub 12 e sub 14 (16.30 horas e 1.200 metros), que pecharán as categorías escolares

A 5K iniciarase ás 16.45 horas coa participación dos sub 16, sub 18, sub 20, sub 23, sénior e máster. Para rematar, ás 17.30 horas daráselle a saída á 10K, na que competirán sub 20, sub 23, sénior e máster. Tanto a liña de saída como a de meta estarán situadas no campo do Souto.

Premios e agasallos

Haberá premios en metálico para os primeiros clasificados da carreira de 10K, tanto en categoría masculina como feminina, de 250 euros para os primeiros clasificados, 150 para os segundos, 75 para os terceiros e 50 para os cuartas, ademais dun premio especial dotado con 50 euros para os mellores corredores locais.

Tamén levarán trofeos os tres primeiros atletas de cada categoría, os tres primeiros da clasificación absoluta, o mellor corredor local, os tres primeiros equipos, o participante de máis idade que chegue a meta, o club con máis participantes e os tres primeiros das categorías sub 16, sub 18 e da 5K. Todos os atletas da categoría escolar recibirán medallas e obsequios.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.