Esposición CASTELAO na Casa do Concello de Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por el. A intención deste proxecto é divulgativa, amosando a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares en países dos cinco continentes.

Esta exposición, producida en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia, sae á luz no marco das celebracións do Centenario da Xeración Nós (1920).

Do 21 de marzo a 19 de abril 2024

Luns a venres 10.00 a 14.00 e 18.00 a 20.00

Lugar: Concello de Pontecesures (Avenida de Vigo, 2)

Importante: Poderán facer doazón de alimentos non perecedeiros ao visitar a mostra, xa que está enmarcada no programa Cultura por alimentos.

Concello de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.