NOTA INFORMATIVA SOBRE OS CONCURSOS DE DECORACI?N NO NADAL 2017 EN PONTECESURES: MODIFICACI?N DO PRAZO PARA A EXPOSICI?N DOS ELEMENTOS DECORATIVOS/ESCAPARATES.

En referencia as seguintes convocatorias:

1.- I Concurso de decoración ??Nadal en Pontecesures 2017?, dirixido ás asociacións, colectivos e particulares do concello de Pontecesures.

2.- I Concurso de decoración dos establecementos comerciais do Concello de Pontecesures no Nadal 2017.

Nas bases destes dous concursos especificabase o periodo de exposición dos traballos dende o 4 de decembro de 2017 ata o 8 de xaneiro de 2018. Nembargantes, para facilitar a participación cidadán nestos certames e que os participantes dispoñan de máis tempo para a preparación das súas montaxes, modificase este periodo de exposición do seguinte xeito:

Os elementos decorativos do Nadal deberán permanecer expostos durante o seguinte período: DENDE O LUNS 11 DE DECEMBRO ATA O LUNS 8 DE XANEIRO DE 2018, AMBOS INCLUSIVE.

XVIII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES (06/decembro/2017)

XVIII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES

Mércores 6 de decembro de 2017

Praza do Coche de Pedra (Pontecesures)

A partir das 11:30 horas

O Concello de Pontecesures organiza a XVIII edición da súa carreira popular o mércores 6 de decembro de 2017 a partir das 11:30 horas.

Como novidade, este ano a proba absoluta terá un percorrido de 9.000 metros.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo

A saída e chegada de tódalas probas será na Praza do Coche de Pedra, no centro urbán de Pontecesures.

A inscrición deberá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite o luns 4 de decembro ás 22 horas.

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

Teléfonos de información xeral da proba:

986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures)

Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.

Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (9 km aprox.) (premios NON acumulativos).

Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría pitufo onde non haberá clasificación (entregarase medalla a tódolos participantes).

Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.

A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures  [no día da proba ??mércores 6 de decembro de 2017–  de 9.00 a 11.15 horas], a carón da saída das probas.

A entrega de premios será na Praza do Coche de Pedra ou, en caso de mal tempo, no Centro Social.

REGULAMENTO DA PROBA

ENLACE DA NOVA NA WEB MUNICIPAL PARA DESCARGAR OS TRACKS DO PERCORRIDO DA PROBA ABSOLUTA EN FORMATOS kmz E kml (Google Earth).

NOVO PERCORRIDO DA PROBA ABSOLUTA (app. WIKILOC)

INSCRICI?N ENLACE DA FEDERACI?N GALEGA DE ATLETISMO

TALLER DE SON, IMAXE E COMUNICACI?N EN PADR?N.

 

Nova edición do Taller de Son, Imaxe e Comunicación (5ª Ed.) que desenvolve a Fundación Paideia e a Asociación DELOA en colaboración ca Escuela de Organización Industrial. Aberto prazo de inscrición.

Está dirixido a moz@s desempregad@s e inscrit@s no Sistema de Garantía Xuvenil, que non están integrados en ningún itinerario educativo. Terá lugar entre 14 de decembro e o 16 de febreiro en Padrón (A Coruña). Trala participación no Taller, existe a posibilidade de acceso a estancias de prácticas formativas no estranxeiro ou contratación laboral en empresas galegas.

Máis información e inscricións na web https://www.paideia.es/taller-sic/ ou no telf. 981 817 000.