ESTE VENRES REMATA A 1ª QUENDA DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE PONTECESURES.

A temática desta quincena foi «VITAMINA: ?NDE ESTÁS?», realizando diversas actividades: Obradoiro de reciclaxe, contrato de compromiso coa natureza, xogos cooperativos, creación da mascota do campamento » o pulpo Frodo…», etc. O vindeiro luns 17 de xullo comeza a 2ª das 4 quendas nas que están divididos estes campamentos. Calquera que queira inscribirse poderá facelo pois quedan prazas dispoñibles. Mais información na web do concello de pontecesures, no seguinte enlace: http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=1065

 

A XUNTA VEN DE CONVOCAR AXUDAS PARA RENOVAR AS FACHADAS E TELLADOS DAS VIVENDAS

No DOG de onte xoves publicaronse 3 Ordes polos que a Xunta subvenciona:

  • A rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes.
  • A renovación de fachadas e cubertas de lousa.
  • A renovación de cubertas con tella cerámica.

REQUISITOS E DOCUMENTACI?N A APORTAR: ver a convocatoria.

PRAZO DE REMATE PARA SOLICITAR AS AXUDAS: 06-10-2017, ou cando se esgoten os fondos asignados para estas axudas.

CONSULTA DAS BASES:  http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2017/20170706/Secciones2_gl.html

ESTE SÁBADO, NO PARQUE DE CARREIRAS TEMOS O 1º DOS CONCERTOS A CARGO DOS M?SICOS DA ESCOLA DE VALGA

Este sábado comeza o ciclo de concertos protagonizado polos compoñentes da Escola de música de Valga (Esmudeval), quenes farán un total de 4 concertos en distintos lugares de Pontecesures, 2 en xullo e 2 en agosto. O cartel das 2 actuacións deste mes é o seguinte. Podedes velos, e escoitalos, este sábado día 8, a partir das 20 h. no parque infantil de Carreiras. Decir por último que o horario das 4 actuacións será sempre as 20 h, e que estes concertos están subvencionados pola Deputación de Pontevedra.

No hay texto alternativo automático disponible.

INSTALACI?N DE 6 PANEIS INFORMATIVOS EN PONTECESURES SUBVENCIONADOS POLA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA.

No día de onte procedeuse a instalación de paneis con información histórico-cultural en 6 lugares do Concello de Pontecesures (Capela de San Xulián, Pino Manso, Cruceiro de Carreiras, Alfolí, Coche de Pedra e Fito Xacobeo).

Tanto os paneis como a súa colocación foron financiados ao 100% pola Deputación de Pontevedra, cun coste total de 2.178,00 ?.

Os paneis conteñen textos explicativos, en lingua galega e castelán, con datos sobre esos 6 lugares.