PROGRAMA DE EDUCACI?N PARA PERSOAS ADULTAS EN PONTECESURES.

educ-adultos

PROGRAMA DE EDUCACI?N PARA PERSOAS ADULTAS do Concello de Pontecesures: Programa de formación educativa gratuíto.

1.- Clases presenciais e gratuítas para a obtención do título de graduado en educación secundaria –GRADUADO ESO– para maiores de 18 anos, por cursos ou ben accedendo ás probas libres nas dúas convocatorias (maio e setembro) podendo obter a titulación nun só día mediante exames tipo test.

2.- Clases presenciais e gratuítas para a preparación para o acceso a CICLO MEDIO, con exames nun só día en formato tipo test.

Para as persoas adultas, este título é un obxectivo importante dende o punto de vista de conseguir un emprego. Entre outras cousas, é condición indispensable para acceder a postos de traballo convocados polas administracións públicas e empresas privadas.

Estas probas son convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O Programa de Educación de Adult@s do Concello de Pontecesures está en  coordinación cos centros de ensinanza a distancia.

O horario é de luns a xoves de 18.30 h. a 21.30 h. (o horario pódese modificar dependendo das circunstancias do alumnado).

A impartición das clases será no colexio CPI de Pontecesures.

Para máis información acudir á AULA DE EDUCACI?N DE PERSOAS ALDULTAS no CPI de Pontecesures, na Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 2 (edificio principal, 2º andar ??acceso polas escaleiras exteriores-) en horario de 19.00 a 20.00 horas.

ACTIVIDADES PARA NEN@S PARA O CURSO 2016/17.

pitufolandia-2017

  1. ALMORZOS DIVERTIDOS: De luns a venres de 8.00 a 9.30 no Anexo ao Pavillón Municipal.
  1. PITUFO INVERNO: De luns a venres de 15.00 a 17.00 no Anexo ao Pavillón Municipal.
  1. CANTAXOGOS: Os luns de 17.30 a 18.30 no Anexo ao Pavillón Municipal.
  1. PINTURA: Os martes de 17.30 a 18.30 no Centro Xuvenil (local pequeno).
  1. ALOHA: Os martes de 17.30 a 19.30 no Centro Xuvenil (local grande).
  1. ZUMBAPITUFO: Os mércores de 17.30 a18.30 no Anexo ao Pavillón Municipal.
  1. YUDO: Os mércores de 18.30 a 19.30 no Centro Xuvenil (local pequeno).
  1. MANUALIDADES: Os xoves de 16.30 a 17.30 no Centro Xuvenil (local pequeno).

ANUNCIO:

    CHARLA INFORMATIVA SOBRA A ACTIVIDADE «ALOHA» O VENRES 30 DE SETEMBRO ÁS 19.00 HORAS NO LOCAL ANEXO AO PAVILL?N DE DEPORTES.

charla-pitufolandia-set2016

DEP?SITO DE TAP?NS DE PLÁSTICO, ROUPA E CALZADO CON FINS SOLIDARIOS NA CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES.

tapons

Infórmase a tódolos veciños/as que para evitar a acumulación de bolsas de tapóns, de roupa e de calzado na Casa do Concello vaise a regular a recollida destos donativos solidarios, sendo o procedemento o seguinte:

  • A FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA, encargada do traslado e distribución destos donativos, recollerá os tapóns, a roupa e o calzado no concello de Pontecesures o 3º xoves de cada mes.
  • A xente que queira depositar donativos deste tipo na Casa do Concello farao nos días anteriores ao 3º xoves de cada mes (luns, martes e mércores anteriores ao 3º xoves).

Por parte do goberno municipal agradécese que os veciños/as colaboren neste novo procedemento de recollida, e tamén anima a seguir reciclando os tapóns de plástico con fins solidarios e ao donativo de roupa e calzado.

ANUNCIO: T?CNICOS DO ORGANISMO DE RECADACI?N (ORAL) DE XESTI?N CATASTRAL DO I.B.I. ESTARÁN DO 26 ATA O 30 DE SETEMBRO NO CONCELLO DE PONTECESURES, PARA ATENCI?N AO P?BLICO.

oficinas_03


bando-anuncio-oral-set2016

Para resolver calquera dúbida que os veciños/as teñan con respecto aos recibos, liquidacións e actualizacións do IBI (imposto de bens inmobles), técnicos do organismo de recadación da Deputación de Pontevedra (ORAL) estarán na Casa do Concello de Pontecesures dende o luns 26 ata o venres 30 de setembro, con atención ao público de 9.30 a 13.30 horas.

BANDO MUNICIPAL DESTE ANUNCIO