DEP?SITO DE TAP?NS DE PLÁSTICO, ROUPA E CALZADO CON FINS SOLIDARIOS NA CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES.

tapons

Infórmase a tódolos veciños/as que para evitar a acumulación de bolsas de tapóns, de roupa e de calzado na Casa do Concello vaise a regular a recollida destos donativos solidarios, sendo o procedemento o seguinte:

  • A FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA, encargada do traslado e distribución destos donativos, recollerá os tapóns, a roupa e o calzado no concello de Pontecesures o 3º xoves de cada mes.
  • A xente que queira depositar donativos deste tipo na Casa do Concello farao nos días anteriores ao 3º xoves de cada mes (luns, martes e mércores anteriores ao 3º xoves).

Por parte do goberno municipal agradécese que os veciños/as colaboren neste novo procedemento de recollida, e tamén anima a seguir reciclando os tapóns de plástico con fins solidarios e ao donativo de roupa e calzado.

ANUNCIO: T?CNICOS DO ORGANISMO DE RECADACI?N (ORAL) DE XESTI?N CATASTRAL DO I.B.I. ESTARÁN DO 26 ATA O 30 DE SETEMBRO NO CONCELLO DE PONTECESURES, PARA ATENCI?N AO P?BLICO.

oficinas_03


bando-anuncio-oral-set2016

Para resolver calquera dúbida que os veciños/as teñan con respecto aos recibos, liquidacións e actualizacións do IBI (imposto de bens inmobles), técnicos do organismo de recadación da Deputación de Pontevedra (ORAL) estarán na Casa do Concello de Pontecesures dende o luns 26 ata o venres 30 de setembro, con atención ao público de 9.30 a 13.30 horas.

BANDO MUNICIPAL DESTE ANUNCIO

PIRAG?ISMO: CAMPIONATO DE ESPA?A DE X?VENES PROMESAS 2016 EN VERDUCIDO (PONTEVEDRA). REPORTAXE DA TVG DESTE CAMPIONATO NO QUE O CLUBE NÁUTICO DE PONTECESURES PROCLAMOUSE CAMPI?N.

No seguinte enlace web pódese ver a reportaxe da Tvg do Campionato de España de Xóvenes Promesas do 30 e 31 de xullo de 2016 que se celebrou en Verducido (Pontevedra). Nesta competición foi campión o Clube Náutico de Pontecesures:

CAMPIONATO DE ESPA?A DE PIRAG?IMSO DE X?VENES PROMESAS 2016.

CLASIFICACI?N XERAL POR CLUBES DESTE CAMPIONATO.