AVISO DO SERVIZO MUNICIPAL DE OBRAS: CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA.

Debido a unha avaría na rede de abastecemento de auga potable, na xornada de hoxe (8 de xullo) cortarase o subministro de auga nas seguintes rúas e horarios:

Rúa Redondo dende a intersección coa Rùa Doctor Mosquera ata a Praza de Pontevedra. Na marxe dereita dirección Pontevedra-Santiago.

Avenida de Vigo dende a Praza de Pontevedra ata a intersección coa Rúa Ullán. Tamén na marxe dereita dirección Pontevedra-Santiago.

En ambos casos prevese unha duración do corte do subministro dende ás 11.00 ata as 14.00 horas.

ACTOS POLO CENTENARIO DO NACEMENTO DE «BOROB?».

borobo1

O vindeiro domingo 10 de xullo celebraranse os actos do centenario do nacemento de Don Raimundo García Domínguez, BOROB?:

Ás 11.30 h. no Cemiterio Parroquial de San Xulián depositarase un ramo de flores sobre a sepultura na que repousan os restos do eximio xornalista de Pontecesures.

Ás 12.30 na Rúa Portarraxoi descubrirase unha placa conmemorativa deste aniversario na fachada da que foi a súa casa natal.

Dende o concello anímase a toda a veciñanza a participar nestes actos de homenaxe a este ilustre persoeiro do noso pobo.

MAXIA EN PONTECESURES: A FEIRA MÁXICA DO MAGO TETO NA PLAZUELA O 16 DE XULLO.

FERIA MAXICA TETO web

A FEIRA MÁXICA DO MAGO TETO

Sábado 16 de xullo de 19.00 a 23.00 horas na Plazuela de Pontecesures.

Unha carpa recrea un posto de feira de mediados do século XX, coas súas lámpadas de luces e bandeirolas de cores. Un espectáculo de maxia para rúa personalizada e íntima, xa que os propios espectadores elixen que xogo queren ver entre máis de 200 efectos de maxia. ? un espectáculo de proximidade, de curta distancia, xa que as mans do mago se sitúan a menos dun metro do público. Ademais, é un espectáculo no que a maxia se fusiona con diversos elementos e distintas manifestacións artísticas, como por exemplo a sétima arte. Deste xeito, haberá xogos de maxia que estarán relacionados cunha película da historia do cine. O espectador ten a potestade de elixir unha película e será o mago quen teña que deseñar de súpeto un truco relacionado co seu argumento. Todo un reto persoal para o mago Teto.

feira_maxica MAGO TETO


O MAGO TETO

Dende a estrea do seu primeiro espectáculo en 1996 con tan só 19 anos, o Mago Teto converteuse nun dos ilusionistas máis veteranos e relevantes en Galicia. Habitual na televisión dende os seus comezos, goza dun gran recoñecemento por parte do público. Os seus espectáculos adáptanse a calquera tipo de espazo, dende a rúa ás salas, pasando por grandes teatros. No seu repertorio combínanse así espectáculos reducidos con outros de gran formato, outorgándolles aos seus trucos un amplo abano de posibilidades. O seu debut tivo lugar o Día das Letras Galegas de 1992. Nese 17 de maio subía ao escenario do seu instituto de Viana do Bolo para sorprender os seus compañeiros. Catro anos despois, chegaría o despegue profesional co espectáculo A maxia dos soños. Dende aquela levou á escenamontaxes como Tolemaxias, Perto de ti ou O Afiador.

MAGO TETO