PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2015 DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR.

benestar_balnearios_cartel

Dirixido a maiores de 60 anos ou pensionistas maiores de 55 anos.
Prazo de solicitude ata o 14 de maio.
Máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello, os luns de 11.00 a 15.00 horas ou os martes e venres de 9.00 a 13.30 horas.

Descarga das bases (Bando municipal e Orde no D.O.G.) nos seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=741

 

O FONDO GALEGO DE COOPERACI?N E SOLIDARIEDADE PRESENTA EN PONTECESURES A ACTIVIDADE ??TI TAM?N CONTAS?.

cartel A TROPA DE TRAPO 2015

‘TI TAM?N CONTAS’ é a actividade ideada pola compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O espectáculo está  baseado en temáticas variadas en torno á cooperación e solidariedade.

A xira 2015 da compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade chega o martes 21 de abril a Pontecesures. Grazas ao apoio do concello, socio da entidade municipalista, o Centro Social acollerá a representación de ‘TI TAM?N CONTAS’, a partir das 12.00 horas.

Esta actividade vai dirixida a alumnos/as de educación secundaria.

A Tropa de Trapo comezará ??Ti tamén contas? contando dous contos que aporten temáticas para traballar despois. A continuación e a través de xogos e dinámicas participativas, debatiráse acerca dos temas e conceptos suxeridos nos contos. Finamente, cerraráse a sesión cunha peza de teatro do oprimido, improvisada e suxerida polo público.