Exposición fotográfica na biblioteca de Pontecesures: «Os rostros do comercio xusto».

CARTEL EXPOSICION FOTOGRAFICA BIBLIOTECA out2014web

A biblioteca de Pontecesures acolle a exposición sobre comercio xusto de Agareso e Amarante

As fotografías protagonizadas polo campesiñado de Ecuador propoñen unha reflexión sobre o consumo responsable e as achegas da cooperación internacional

 Pontecesures, 1 de outubro de 2014.- A biblioteca municipal de Pontecesures acolle desde hoxe a exposición ??Os rostros do comercio xusto??, da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONGD Amarante Setem. A mostra, con entrada de balde, poderase visitar ata finais de outubro, mes no que se conmemora o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, concretamente o vindeiro venres 17.

A exposición protagonizada polo campesiñado de Ecuador componse de 25 fotografías autoría do fotoxornalista vigués Miguel Núñez, referidas ao proxecto da ONGD Amarante Setem (Galicia) coa Fundación Maquita (Ecuador) para apoiar a pequenas cooperativas dedicadas ao cacao, os cítricos ou a cana de azucre.

A actividade, encamiñada á reflexión sobre o comercio xusto e o consumo responsable, está organizada polo Concello en calidade de socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e coa colaboración da Coordinadora Galega de ONGD.

O obxectivo é concienciar sobre a responsabilidade dos países do Norte no empobrecemento do Sur, amosando ao tempo o proceso de cambio que se produciu nas comunidades agrícolas ecuatorianas grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional. Un labor que incidiu nunha maior igualdade de oportunidades, unha mellora das condicións de vida das clases máis baixas o avance cara unha equidade de xénero real.

Contestación ó Sr Sabariz polas queixas dos asfaltados nas rúas centrais do pobo

Unha vez máis demostrase a falta de ética, manipulación e demagoxia do Sr Sabariz, Nestes días fixo un escrito denunciando problemas na pavimentación das rúas centrais do pobo.

Pois ben queremos recordarlle a este concelleiro que como tal ten dereito a solicitar o expediente da memoria das obras no Concello. Si en vez de criticar se molestase en ler a Memoria Valorada das obras vería que na folla nº 8 (que se xunta) pon expresamente ??Será preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto. No caso das rúas Patifas e Carlos Maside, será preciso, asemade, realizar unha canaleta de formigón pulido in situ que permita recoller as augas á vez que rebaixar o nivel da zona de rodadura no seu encontro cos bordos das beirarrúas.?

E polo tanto, as obras estánse a facer agora mesmo, non porque critique o sr Sabariz, senón porque xa está recollido na memoria valorada das obras.

Podemos entender as preocupacións dos cidadáns xa que non teñen acceso á memoria valorada, pero as queixas do Sr Sabariz son pura demagoxia e manipulación. Esto demostra una vez máis a sua falta de ética na política xa que lle serve todo con tal de criticar ó equipo de goberno.  O que pretendía este señor era anotarse o tanto da realización das canaletas debido as súas queixas.

Cambie de estratexía porque esta xa está moi vista. Xa lle dixemos que porque repita unha mentira mil veces esta non se convirte en realidade (frase inventada por Goebbels para a manipulación das masas).

Pois non, Sr Sabariz, non actuamos coma vostede di a toque de cornetín.

Está moi ben que faga a súa laboura de oposición, pero antes de criticar moléstese en informarse vostede e non desinformar á veciñanza para manipulala.

MEMORIA VALORADA_ASFALTADO 9 ZONAS_PUMSIM.2014 paxina 8