O VINDEIRO DOMINGO 28 DE SETEMBRO RUTA SENDEIRISTA EN PONTECESURES DENTRO DO PROGRAMA GOZA DO ULLA.

Cartel GOZA DO ULLA 2014  2

O Programa GOZA DO ULLA desenvolvese durante todo o ano nos concellos bañados polo río Ulla, dende prácticamente o seu nacemento ata a desembocadura na ría de Arousa, en cada concello realizase unha ruta que dalgún xeito está relalcionada co río, ben porque a ruta discorre a carón do mesmo ou porque dende a ruta se pode observar o trazado do río;  como é o caso de Pontecesures. En Pontecesures levase a cabo a ruta denominada OLLANDO O ULLÁN o vindeiro domingo 28 de setembro.

Esta ruta ten un percorrido aproximado de 17.5 km e realizase en 4 horas máis o menos. Súbese a ladeira do Monte Castrovalente e á cima do Monte Salgueiras para rematar baixando polo mirador da Galiñeira, pasando polos Petroglifos da Pedra da Serpe. ? un percorrido de dificultade media que nos permite ver en toda a súa extensión o Val do  Ullán e o trazado que fai no seu centro o río Ulla.

Por tratarse dun trazado circular (saída e chegada no mesmo lugar) non é precisa inscrición previa tan so hai que estar listo á hora da saída: DOMINGO 28 DE SETEMBRO ÁS 9.30 HORAS NA PLAZUELA DE PONTECESURES.

Dende o Concello de Pontecesures animase tanto aos veciños como á xente de fora do pobo a participar nesta actividade. A ruta estará guiada por unha persoa posta polo concello, contaráse co acompañamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e tamén disporemos en tres ou catro puntos da ruta de servizo de avituallamento, que ofrecerá bebidas e frutas aos camiñantes.

 

Asfaltado na rúa Miguéns Parrado

Por motivos da forte choiva que está a caer, o asfaltado da rúa Miguéns Parrado, previsto para hoxe pola tarde,  posponse á espera dunha mellor situación climatolóxica.

Esta rúa comprende un tramo moi estreito onde non pode acceder a maquinaria e débese facer a man. Deste xeito, o traballo de compactado do asfalto precisa que o chan non estea mollado para a súa perfecta adherencia.

Unha vez máis o grupo de goberno pide disculpas á veciñanza e agradece a sua paciencia e comprensión ante as obras que se están a levar a cabo no Concello.

AXUDAS ECON?MICAS ÁS FAMILIAS CON FILLOS MENORES A CARGO E QUE OS SEUS INGRESOS NON SUPEREN O IPREM, PARA O PAGO DA FACTURA EL?CTRICA A TRAV?S DO TÍCKET EL?CTRICO SOCIAL DE GALICIA, DURANTE O 1º SEMESTRE DE 2014.

cover_inega_corp

Axudas do INEGA (Institudo Enerxético de Galicia) para pagar parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, para o 1º semestre de 2014. Destinada a familias con fillos menores a cargo e que non superen o IPREM.

Prazo de solicitude: Ata o 4 de novembro.

Máis información destas axudas no bando municipal que se pode descargar no seguinte enlace:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=656

Asfaltados nas rúas de Pontecesures

la foto 3

la foto 2

la foto 1

No día de hoxe, a empresa Ponciano Nieto SL. comenzou o asfaltado das rúas San Lázaro, Otero Acevedo, Carlos Maside, Telleiro, Patifas, Miguéns Parrado, Agro do Muíño, rúa das Mimosas, rúa do Ensanche, rúa do Campo (no lateral do campo de fútbol). Está previsto que as obras teñan un prazo de execución de sete a dez días.

O equipo de goberno pide disculpas a veciños e visitantes polas molestias ocasionadas polas devanditas obras.