O vindeiro mércores 20 de agosto unha unidade móbil do CENTRO DE TRANSFUSI?N DE GALICIA levará a cabo unha nova xornada de doazóns na Plazuela de Pontecesures, no seguinte horario: 20 de agosto, mèrcores. De 10.00 a 14.00 horas de de 16.00 a 21.00 horas.
Concello
ADXUDICACI?N 9 ASFALTADOS EN DIVERSAS R?AS DO CONCELLO
Na Xunta de Goberno Local celebrada no día de hoxe, 13 de agosto de 2014, adxudicouse a ??Obra de 9 asfaltados en distintas rúas de Pontecesures? á empresa Ponciano Nieto S.L. por un importe de 61.935,39?.
Os 9 asfaltados realizaránse en:
1º Rúa do Campo (paralela ó campo de fútbol)
2º Rúa Agro do Muiño
3º Rúa Carlos Maside
4º Rúa Otero Acevedo
5º Rúa das Patifas
6º Rúa Miguéns Parrado
7º Rúa Mimosas (intersección coa Rúa Ullán)
8º Cortinallas
9º Rúa do Ensanche
Actualmente, os viais nos que se pretende realizar esta actuación de mellora contan cun firme moi deteriorado, con moitas fochancas e co asfalto moi disgregado polo seu uso e antigüidade. Como se pode apreciar, todos os camiños contan actualmente con pavimento asfáltico en mal estado, e en todos os camiños atopamos numerosas tapas de arquetas que deberán adaptarse ao novo pavimento previsto.
As obras consistirán na mellora do firme e na ampliación da sección viaria de nove camiños, naquelas zonas onde máis necesidade exista polo estado actual dos pavimentos. As obras consistirán, maioritariamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura sobre a existente, moi deteriorada, para o cal previamente haberá que proceder á limpeza das zonas e marxes, e ao bacheado das fochancas. No caso da Rúa do Campo, ademais de renovar a capa de rodadura, ampliarase a zona pavimentada incorporando as marxes existentes.
Os asfaltados realizaranse cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia. Nas zonas ampliadas o asfaltado realizarase sobre unha capa de zahorra artificial. Será preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto. No caso das rúas Patifas e Carlos Maside, será preciso, asemade, realizar unha canaleta de formigón pulido in situ que permita recoller as augas á vez que rebaixar o nivel da zona de rodadura no seu encontro cos bordos das beirarrúas.
A obra é financiada polo PUSIM14 da Deputación e a duración estimada dos traballos será de seis semanas prevendo o comezo das obras en 7 ou 10 días.
Polo exposto, o equipo de goberno, solicíta a colaboración dos veciños afectados, pedíndolle desculpas anticipadamente.
Concello
Aclaracións sobre a obra ??Adecuación do parque Infantil Vicente Moure?
Tras as críticas recibidas polo voceiro do PP pola suposta ??falta de previsión? na obra ??Adecuación do parque infantil Vicente Moure? este equipo de goberno quere matizar o seguinte:
1º Foi a Deputación de Pontevedra a encargada de adxudicar directamente a obra á empresa Lappset España VR S.L.: en todo caso debería pedirlle responsabilidades á Deputación.
2º Con data 25 de abril de 2014 recíbese no Concello (rexistro de entrada 811) a confirmación da adxudicación á empresa Lappset España Vr S.L. da obra do parque infantil Vicente Moure.
3º O día 5 de maio a empresa Lappset e a Deputación firman o contrato da obra no que por lei a empresa ten un mes para comezar a obra e outro mes para rematala.
4º O día 5 de xuño, tal e como marcan os prazos, a empresa comeza a obra. Ten un mes para rematala, pero tras as conversas do equipo de goberno coa empresa consíguese que se remate o día 27 de xuño acortando nunha semana o prazo establecido pola Deputación.
5º Polas propias características do proxecto é preciso gardar o tempo necesario para que a herba medre o suficiente para cumprir a súa función.
Erra o voceiro do PP en criticar ó Concello xaquelogo debe dirixir as súas queixas ó Organismo que se encarga da adxudicación que neste caso é a Deputación de Pontevedra.
Respecto á herba supoño que non será culpa do equipo de goberno , nin da Deputación que non medre ó ritmo que quere o voceiro do PP xa que a natureza e a climatoloxía ??son así de caprichosas?.
Sin Categoria
CURSO DO PROGRAMA ACTÍVATE DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA EN PONTECESURES: COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES.
Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2014 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES. O curso desenvolveráse nos meses de novembro e decembro de 2014 e/ou xaneiro e febreiro de 2015 na AULA T.I.C. do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures (se hai prazas vacantes poden participar persoas non residentes en Pontecesures) e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).
Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo de inscrición é dende o 23 de xullo ata o 10 de setembro.
No seguinte enlace pódese descargar o modelo de solicitude de inscrición para participar no curso.
http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=641