Destinan 120.000 euros de la Diputación a mejorar servicios y firme en diez viales

cesures /

Estado del pavimento en uno de los viales que será mejorado, en la zona de Cortinallas

La Concejalía de Obras y Urbanismo de Pontecesures destinará los cerca de 120.000 euros que le corresponden al Concello del Plan Urxente de Mantemento de Infraestruturas de la Diputación de Pontevedra a la mejora de los servicios y el pavimento en diez viales del municipio, unas obras que fueron anunciadas ayer por el concejal y primer teniente de alcalde, Ángel Souto Cordo.

En la calle Doutor Mosquera, una de las principales vías de la localidad (que une la carretera N-550 a la altura de Redondo con la zona de Condide y los viales del Ensanche y del Regadío), se acometerá el proyecto de mayor entidad, con la renovación de las redes de abastecimiento de agua y saneamiento. Las actuales canalizaciones se encuentran ??nun estado moi precario?, indica Souto Cordo. En el caso del abastecimiento, las tuberías ??sufren roturas con moita frecuencia? y las constantes reparaciones que se precisan generan interrupciones en el suministro ??a unha parte importante da poboación? cesureña y ??un custo económico moi elevado?. Para resolver estas deficiencias, la actual conducción de fibrocemento que discurre por el margen izquierdo de la calle quedará anulada, instalándose otra de PVC.
En cuanto al saneamiento, la red existente es unitaria y recibe tanto las aguas pluviales como las fecales. Esta situación, que no es única de esta calle sino que se repite en otros tramos del alcantarillado municipal, provoca ??unha saturación da depuradora e un incremento nos custos enerxéticos e de mantemento? de esta estación, incide el concejal de Obras. Se instalará, por tanto, una red separativa que permita reducir el aporte de pluviales a la EDAR. Para ello se colocará una canalización de PVC para conducir el agua de lluvia (con sus correspondientes arquetas y sumideros), conservándose las tuberías actuales para las aguas fecales. La obra, presupuestada en 57.974 euros, se completará con la pavimentación de la calle y la construcción de una nueva acera de hormigón pulido.

asfaltados
Con los 61.935 euros restantes, se proyecta una segunda actuación de asfaltado para mejorar la seguridad vial en nueve zonas de la villa. En algunos casos, las obras llevará parejo el ensanche de ciertos tramos y trabajos de limpieza. Es el caso de la rúa do Campo, donde se ampliará la zona pavimentada con la incorporación de los márgenes. En Patifas y Carlos Maside será necesario ejecutar una canaleta de hormigón que permita recoger las aguas. Las obras también afectarán a la Rúa do Ensanche, un vial de Cortinallas, la calle Otero Acevedo, Agro do Muíño y Miguéns Parrado. El pavimento asfáltico de todas ellas está ??en mal estado?.

Diario de Arousa

RESPOSTA DO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL ÁS CRÍTICAS SOBRE A XIX FESTA DA LAMPREA, POR PARTE DOS GRUPOS DA OPOSICI?N (PP, IP e ACP).

Ante as críticas vertidas nos últimos días polos tres grupos da oposición municipal sobre a organización da XIX Festa da Lamprea do pasado 6 de abril este equipo de goberno quere facer as seguintes consideracións:

A primeira medida que tomou este goberno cando chegou o poder foi suprimir a comida de autoridades. Xa que nestes tempos e un gasto excesivo e nos parece unha tomadura de pelo para o resto dos veciños.

Non quedou ningunha lamprea sen vender. 561 en tickets e o resto por pezas. Non como en outros anos que a lamprea sobrante acababa na casa dalgún concelleiro.

Ninguén marchou por non ter sitio na carpa xa que cando uns se levantaban sentabanse outros. As dimensións da carpa son suficientes, e máis tendo en conta que non hai comida de autoridades; dispoñendo dun total de 800 sillas.

Non houbo ningún tipo de desorganización respecto aos anos anteriores. Sempre se fixo o reparto do mesmo xeito. Fluía ben e os tempos de espera eran moi cortos.

A xente que traballou para esta festa estaba perfectamente organizada e sabía moi ben cal era o seu cometido, que neste caso era facer pasar un bo día á xente e que puideran degustar a lamprea que era ao que viñan.

Respecto aos charcos tamén decir que poderemos gobernar mellor ou peor pero contra a choiva e a climatoloxía nen nós nen vostedes (oposición) encontraron solucións.

Esta festa tivo de todo como en anos anteriores. Dous grupos animando a rúa, publicidade en distintos medios, bombas de palenque, catro cociñeiras como sempre, 300 lampreas para degustar, pregón, orquesta a noite…e con todo isto o seu custo ronda os 9.000 euros non como no ano 2011 (co goberno do PP, IP e ACP) no que os gastos superaron os 30.000 euros. Pregúntenlle agora aos veciños se ven tantas diferenzas dunha festa á outra para que se gasten dos petos de todolos cesureños 21.000 euros máis.

En definitiva despois da súa lamentable e patética nota os únicos que desacreditan esta festa son vostedes. Quen deixa quedar a este pobo mal unha vez máis son vostedes.

Unha reflexión: Para facer oposición non todo vale, empezen a facer unha oposición constructiva e razoable.

O Concello destinará os 119.910,23? do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestructuras Municipais 2014 da Deputación na Renovación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Doutor Mosquera e no Asfaltado de 9 zonas do Concello

1º) Renovación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Doutor Mosquera

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de renovación das redes de abastecemento de auga e de saneamento na rúa Doutor Mosquera.

A rúa Doutor Mosquera é unha das principais vías do concello, xa que une a zona de Redondo e a estrada N.550 co barrio de Condide e as rúas do Ensanche e do Regadío. Ademais, a rúa soporta as liñas principais da rede de abastecemento de auga desde a depuradora municipal ata o núcleo urbano.

Actualmente, as canalizacións de abastecemento están nun estado moi precario. Trátase de tubos de fibrocemento con moita antigüidade, e que están sometidas a unha importante presión, o que fai que sufran roturas con moita frecuencia. Esta situación tradúcese na necesidade de realizar constantes reparación que supoñen non só un custo económico moi elevado, senón tamén unhas interrupcións periódicas no servizo de abastecemento a unha parte importante da poboación do municipio. Na reportaxe fotográfica adxunta obsérvanse varias das zonas nas que foi necesario demoler os pavimentos para chegar ata a canalización para a súa reparación.

Na obra prevista instalarase unha nova canalización de PVC ?200, de ata 16 atm. de presión, para o abastecemento de auga potable, quedando anulada a actual condución de fibrocemento pola marxe esquerda da rúa.

Por outra banda, a rúa conta unicamente con canalización de saneamento mixta, que leva tanto pluviais como fecais. Esta situación, que se repite noutros tramos da rede de saneamento do concello, está a provocar unha saturación da estación depuradora de augas residuais, e un incremento nos custos de todo tipo (enerxéticos, de mantemento, ?), xa que o caudal recibido pola EDAR vese incrementado respecto do estritamente necesario cun aporte importante de augas pluviais, coas repercusións ambientais que isto leva consigo. ? por isto que resulta preciso instalar un sistema separativo nesta rúa que permita, xunto con actuacións posteriores, reducir a aporte de pluviais á estación depuradora.

Na obra prevista instalarase unha canalización de PVC ?315 para conducir as pluviais, xunto cunha serie de arquetas de conexión e de sumidoiros. A canalización actual conservarase para que por ela circulen unicamente fecais. Unha vez realizada a obra pavimentarase cunha nova beirarrúa de formigón pulido.

 

O presuposto desta actuación ascende a 57.974,84?

1

 

2

2º) Actuación de asfaltado en 9 zonas (R?AS DO CAMPO, MIMOSAS, DO ENSANCHE, OTERO ACEVEDO, AGRO DO MUÍ?O, CARLOS MASIDE, PATIFAS, MIGUENS PARRADO E CORTINALLAS).

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de ampliación e mellora en nove camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.

As obras consistirán, maioritariamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura sobre a existente, moi deteriorada, para o cal previamente haberá que proceder á limpeza das zonas e marxes, e ao bacheado das fochancas. No caso da rúa do Campo, ademais de renovar a capa de rodadura, ampliarase a zona pavimentada incorporando as marxes existentes.

Os asfaltados realizaranse cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia. Nas zonas ampliadas o asfaltado realizarase sobre unha capa de zahorra artificial.

Será preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto. No caso das rúas Patifas e Carlos Maside, será preciso, asemade, realizar unha canaleta de formigón pulido in situ que permita recoller as augas á vez que rebaixar o nivel da zona de rodadura no seu encontro cos bordos das beirarrúas.

As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:

01. Rúa do campo.

3

4

02. Rúa Mimosas.

5

6

03. Rúa do Ensanche.

7

8

04. Cortinallas

9

10

05. Rúa Otero Acevedo

11

12

06. Rúa Agro do Muiño

13

14

07. Rúa Carlos Maside

15

16

08. Rúa Patifas

17

18

09. Rúa Miguéns Parrado

19

 

20

 

Como se pode apreciar, todos os camiños contan actualmente con pavimento asfáltico en mal estado, e en todos os camiños atopamos numerosas tapas de arquetas que deberán adaptarse ao novo pavimento previsto.

 

O presuposto desta actuación ascende a 61.935,39?

ENTRADA EN VIGOR DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA VENDA AMBULANTE EN MERCADOS PERI?DICOS EN PONTECESURES A PARTIR DO 9 DE ABRIL DE 2014.

No día de hoxe, 8 de abril, saíu publicado no B.O.P. (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra) o texto íntegro da ORDENANZA REGULADORA DA VENDA AMBULANTE EN MERCADOS PERI?DICOS EN PONTECESURES.

Polo tanto, a partir de mañá 9 de abril xa se poderán tramitar as solicitudes de postos por parte dos vendedores ambulantes.

A documentación a presentar poderáse consultar na propia ordenanza e o modelo de solicitude pódese descargar dende hoxe na web municipal www.pontecesures.org no apartado de impresos e formularios.

AS AUTORIZACI?NS E OS POSTOS CONCEDERANSE ATENDENDO Á ORDE DO REXISTRO DE ENTRADA NAS OFICINAS MUNICIPAIS (artigo 18. a)  do regulamento).

No seguinte enlace pódese descargar o regulamento completo desta ordenanza e o modelo de solicitude:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=611