24 de febreiro día de Rosalía.

FOTO ANIVERSARIO ROSALIA 2014web

O Concello de Pontecesures quere sumarse a celebración do día de Rosalía de Castro.

Con este motivo este equipo de goberno puxo un cartel na fachada do Concello  onde a nosa ilustre poetisa lle adica unhas verbas a estas terras de San Lois como ela denominaba a Pontecesures:

??A San Lois vexo brillando        

bañado por tintas puras,

sol e sombras amostrando,

en reposo contemprando

montes,auguas e verduras.?

 

O CONCELLO DE PONTECESURES ABRIRÁ O LOCAL SOCIAL OS DOMINGOS POLA TARDE.

cartel-domingos

 

A partir do vindeiro domingo día 16 de febreiro o Concello de Pontecesures terá aberto tódolos domingos pola tarde, e á disposición de maiores e xente en xeral, o local social da rúa do Camiño de San Xulián.

Esta iniciativa ten como obxetivo que a veciñanza teña un lugar para reunirse, charlar, etc. Terán á súa disposición xogos de mesa e equipo de son para poñer música.

O horario de apertura será dende as 5 ata as 9 da tarde.

Non se descarta por parte do concello a posibilidade de programar actividades (teatro, música, maxia, etc.) neses horarios atendendo á cantidade de xente que acoda habitualmente.