Nova edición de noite na biblioteca en Pontecesures.

noite-na-biblioteca-2014-web

 

Tras a positiva experiencia do ano pasado, volve a Noite na Biblioteca de Pontecesures. De novo, a Biblioteca Municipal de Pontecesures invita aos rapaces e rapazas de 9 a 11 anos do concello a pasar unha noite distinta, animando aos rapaces a disfrutar dun contacontos e da lectura compartida de libros cos amigos. A actividade desenvolverase das 21:30 da noite do sábado 29 ata as 9:30 do domingo 30 de marzo, e os nenos deberán ir provistos do correspondente saco de dormir.

O número de prazas para esta actividade é de 25, e a inscrición pode realizarse na propia Biblioteca Municipal de Pontecesures, en horario de tarde, tendo preferencia os rapaces e rapazas que non disfrutaran desta experiencia o ano pasado.

Tras unha velada intensa de historias, os rapaces repoñerán forzas con almorzo ofrecido polo Café Bar Galicia e a Churrería Sandra na mañán do domingo, e o establecemento Belbellita tamén súmase a colaborar no evento obsequiando a cada un dos participantes cun agasallo.

 

XIX FESTA DA LAMPREA

Cartel-Lamprea2014web

 

XIX FESTA DA LAMPREA (PONTECESURES)

Domingo 6 de abril de 2014

PROGRAMA

10.30 h.: Pasarrúas a cargo do grupo folclórico XARANDEIRA de Pontecesures.

12.00 h.: Pregón na Casa do Concello a cargo D. XES?S MANUEL ABALO PI?EIRO, veciño de Pontecesures  e Doutor en Bioloxía Molecular.

12.30 h.: Comezo da degustación da Lamprea, na carpa situada no peirao de Pontecesures.

13.00.: Actuación do grupo folclórico XARANDEIRA,  a carón do recinto de degustación da lamprea, no peirao de Pontecesures.

Durante toda a xornada contaremos cun ACUARIO CON LAMPREAS VIVAS.

21.00 h.: Peche da XIX Festa da Lamprea coa actuación do grupo MIDAS no peirao de Pontecesures, a carón da carpa de degustación.

Campamentos de verán A LANZADA 2014 da Deputación de Pontevedra.

 

triptico Lanzada 2014_Página_1

Campamentos de Verán A LANZADA 2014.

Prazo de presentación de solicitudes ata o 1 de abril.

Para nenos/as nados entre os anos 2001 e 2006.

Máis información no Servizo Social Comunitario deste concello de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas.

Descarga do Bando informativo e formularios de solicitude e inscrición no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=597