?nete á volta 2013

untea-volta-cesures-2013-web

Baixo a denominación UNETE Á VOLTA e co patrocinio da Deputación de Pontevedra, celébrase a Festa da Bicicleta en Pontecesures. Realizarase un percorrido cicloturista polo noso pobo cubrindo unha distancia de 11,5 km.

Sábado 14 de setembro na Plazuela ás 17.30 horas (hora de saída). Concentración de cicloturistas no mesmo lugar a partir das 17.00 horas.

Para participar é preciso ter unha idade mínima de 8 anos e é obrigatorio o uso do casco.

Ao remate da ruta cicloturista, e comoa de costume, sortearanse entre tódolos participantes varios agasallos.

Encontro cos clubes deportivos locais

O pasado xoves tivo lugar un encontro entre os representantes dos clubes deportivos locais que utilizan o campo de fútbol e o pavillón municipais e o goberno municipal de Pontecesures, co obxecto de fixar de común acordo, un horario de uso das devanditas instalacións e escoitar as súas suxerencias. Tamén se lle facilitou a cada un dos representantes unha copia da ordenanza de uso de locais municipais, que recolle os dereitos e deberes dos usuarios dos mesmos.

Os representantes dos clubes tamén fixeron constar as melloras a acometer tanto no pavillón coma no campo de fútbol, e estableceuse un calendario de actuacións, tendo en canto as posibilidades económicas do Concello.

Limpezas de distintos lugares de Pontecesures

O Goberno de Pontecesures ven de efectuar durante toda esta semana limpezas de desbroce con un tractor por distintos lugares. Estas limpezas eran demandadas por veciños, e atendendo a estas peticións contratouse un tractor que fixo durante esta semana distintos percorridos:

– Pozo da Cornelia, monte de Porto, Calera e rúa do Campo.

– Pista do regadio e zona de Baño dende Chanteclair.

– Pista da Barosa e subida o Mirador do Galiñeiro.

– Estrada de Grobas e a Fenteira.

– Patio do Colexio, e arredores.

Agardamos que con estas limpezas foran satisfeitas as demandas da veciñanza.

Tamén solicitamos a colaboración veciñal para que manteñan limpas as súas propiedades, e as beiras dos camiños lindeiras con estas, para manter en bo estado o patrimonio de todos,  como son os distintos camiños que discurren polo noso Concello.

Cursos de idiomas AEVU 2013/14 en Pontecesures.

AEVUINFORMACI?N DOS  CURSOS DE IDIOMAS AEVU 2013/14 NO CONCELLO DE PONTECESURES

 Informase que a nova edición dos cursos de idiomas organizados por AEVU (Asociación de Empresarios dos Vales do Ulla-Umia) e impartidos polo Centro de Idiomas Waterford comezará o vindeiro 1 de Outubro de 2013.

 Os alumnos matriculados na edición anterior deberán confirmar a súa matrícula chamando ao teléfono 986 851 225 ou no enderezo electrónico  cdiwaterford@hotmail.com antes do 20 de setembro. En canto aos alumnos novos deberán recoller o impreso de solicitude no Concello de Pontecesures e entregalo tamén antes do  20 de setembro nas oficinas do concello.

 As cotas dos cursos para nenos/as e adultos son as seguintes:

 ADULTOS E MOZOS/AS (3H/SEMANA): 35 ?/mes

NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA (2H/SEMANA): 30 ?/mes

O pago dos recibos dos cursos faráse  bimestralmente mediante domiciliación bancaria.

 Asemesmo ofrécese a posibilidade de encargar directamente a Waterford o libro de texto a principios de curso. Deste xeito o noso centro encargaríase de pedilos e repartilos a todolos alumnos máis rápidamente e o pago cargaríase en novembro mediante domiciliación bancaria.

 WATERFORD

Teatro de rúa na Plazuela (venres 6 de setembro).

cartel-tito-webREDUX

O teatro peregrino ??DreamWalkman? chega a Pontecesures

 O cómico Tito Spaghetto escenifica un papel nas vilas do Camiño de Santiago para gañarse a vida

O cómico galego Tito Spaghetto actuará este venres día 6 de setembro na Plazuela ás 20.30 horas. Unha representación máis do seu teatro peregrino «DreamWalkman», que xa puideron admirar moitos pobos polos que cruza o Camiño de Santiago.

Con toda a súa vida actuando, agora interpreta o papel máis logrado. Un papel que lle fai voltar a vista atrás, a ese cómico anónimo que iba polos pobos para ter un medio de vida e un proxecto cultural co que sacar adiante os seus fillos e a súa su vis cómica.

Para maís información:

http://www.dreamwalkman.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/adreamwalkman

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/08/24/ruta-tito-spaghetto-llega-lalin/865705.html