Actividades polo día das Letras Galegas en Pontecesures.

ACTIVIDADES DO FIN DE SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CONCELLO DE PONTECESURES

Con motivo do día das LETRAS GALEGAS o Concello de Pontecesures ten organizadas as seguintes actividades:

VENRES 18 DE MAIO no CENTRO SOCIAL ás 20.00 horas:

  • Lectura do CORRELINGUA gañador na edición deste ano a cargo dos alumnos do CPI de Pontecesures (autores deste texto).
  • Lectura de poemas de CANDIDO DURO, a cargo do propio autor.
  • Proxección do documental ??ESTA NOITE, VELADA?.

SÁBADO 19 DE MAIO  a partir das 18.00 horas:

  • Desfile de grupos folclóricos polas rúas de Pontecesures.
  • A continuación, na Plazuela, certame folclórico coas actuacións destos grupos:
  1. Asociación Cultural XARANDEIRA de Pontecesures.
  2. Asociación CASTELLANOS DE OLID de Valladolid.
  3. Grupo folclórico ALGUEIRADA de Pontecesures.
  4. Agrupación Municipal de COROS E DANZAS DE BECERRIL da Serra de Madrid.

DOMINGO 20 DE MAIO no CENTRO SOCIAL ás 18.00 horas:

  • Nova xuntanza da Asociación O FAIADO DA MEMORIA na que se poderá ver novo material recopilado e tamén se recollerán e escanearán novas fotografías aportadas polos asistentes.

 

 

Medio Rural aproba o Proxecto de mellora dos camiños de Calera-O Campo e de Requeixo-Mimosas correspondente ó P.E.I.M. 2012

Medio rural ven de aprobar o proxecto presentado polo equipo de goberno de:  mellora dos camiños de Calera- O Campo e de Requeixo-Mimosas.

Características das obras proxectadas:

Calera- O Campo

Asfaltado do camiño con aglomerado en quente cunha lonxitude de 386 m.

Requeixo- Mimosas

Asfaltado do camiño con aglomerado en quente cunha lonxitude de 369m.

O orzamento da obra é de 40.173,25?