Premendo no seguinte enlace descárgase o boletín:
http://www.pontecesures.org/recursos/8_marzo_PONTECESURES.pdf
Premendo no seguinte enlace descárgase o boletín:
http://www.pontecesures.org/recursos/8_marzo_PONTECESURES.pdf
O equipo de goberno municipal de Pontecesures, diante da data do 8 de marzo, Día internacional das Mulleres, queremos manifestar que asumimos a loita pola igualdade como un compromiso democrático, imprescindíbel para avanzarmos cara unha sociedade xusta. Non podemos tolerar que a metade da poboación sufra discriminacións e se limite o exercicio dos seus dereitos. Acreditamos no necesario compromiso das institucións públicas coa igualdade, que deben articular medidas e programas que atendan as súas demandas e loiten contra as discriminacións de xénero. Lamentabelmente, estamos a ver coma as mulleres son as principais afectadas pola crise económica e social que estamos a vivir xa que baixo o pretexto da crise, estase aplicando un programa regresivo, con efectos negativos para os dereitos e as condicións de vida das mulleres.
A feminización da pobreza é xa un feito na nosa sociedade facendo desaparecer avances acadados en decenios de esforzos de acción positiva.
O paro feminino medra por riba do masculino así como o número de mulleres inactivas que desisten de buscar emprego. A nova precariedade do mercado laboral e o recorte nas pensións afectará máis negativamente ás mulleres, que son maioría nos traballos a tempo parcial e na economía somerxida, cun promedio de menos anos de cotización e tamén son maioría como perceptoras de pensións non contributivas. Os recortes de servizos sociais e de atención á dependencia forzan a máis mulleres a asumir de novo o papel de coidadoras non retribuídas.
Todos eles son pasos atrás na procura da independencia económica imprescindíbel para rachar situacións de convivencia de parella violentas.
Os homes e mulleres que conformamos a Corporación Municipal de Pontecesures demandamos políticas que permitan a creación de emprego e o acceso en igualdade das mulleres ao mesmo; priorizar a loita e os recursos contra a violencia de xénero; apostar polos servizos públicos e a corresponsabilidade nas tarefas do coidado e a crianza. Para logralo é precisa a nosa implicación.
Podemos parar esta ofensiva e camiñar cara un modelo social e económico que albisque un futuro en igualdade en Galicia.
Ao abeiro da Orde do 29 de febreiro de 2012 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 45 do 05/marzo/2011) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A VERÁN-2012? para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.
O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos remata o vindeiro 20 de marzo, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.
Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html
Premendo no seguinte enlace descárgase o boletín:
http://www.pontecesures.org/recursos/1_marzo_pontecesures.pdf