Manifesto do Concello de Pontecesures do 8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O equipo de goberno municipal  de Pontecesures, diante da data do 8 de marzo, Día internacional das Mulleres, queremos manifestar que asumimos a loita pola igualdade como un compromiso democrático, imprescindíbel para avanzarmos cara unha sociedade xusta. Non podemos tolerar que a metade da poboación sufra discriminacións e se limite o exercicio dos seus dereitos. Acreditamos no necesario compromiso das institucións públicas coa igualdade, que deben articular medidas e programas que atendan as súas demandas e loiten contra as discriminacións de xénero. Lamentabelmente, estamos a ver coma as mulleres son as principais afectadas pola crise económica e social que estamos a vivir xa que baixo o pretexto da crise, estase aplicando un programa regresivo, con efectos negativos para os dereitos e as condicións de vida das mulleres.

A feminización da pobreza é xa un feito na nosa sociedade facendo desaparecer avances acadados en decenios de esforzos de acción positiva.

O paro feminino medra por riba do masculino así como o número de mulleres inactivas que desisten de buscar emprego. A nova precariedade do mercado laboral e o recorte nas pensións afectará máis negativamente ás mulleres, que son maioría nos traballos a tempo parcial e na economía somerxida, cun promedio de menos anos de cotización e tamén son maioría como perceptoras de pensións non contributivas. Os recortes de servizos sociais e de atención á dependencia forzan a máis mulleres a asumir de novo o papel de coidadoras non retribuídas.

Todos eles son pasos atrás na procura da independencia económica imprescindíbel para rachar situacións de convivencia de parella violentas.

Os homes e mulleres que conformamos a Corporación Municipal de Pontecesures demandamos políticas que permitan a creación de emprego e o acceso en igualdade das mulleres ao mesmo; priorizar a loita e os recursos contra a violencia de xénero; apostar polos servizos públicos e a corresponsabilidade nas tarefas do coidado e a crianza. Para logralo é precisa a nosa implicación.

Podemos parar esta ofensiva e camiñar cara un modelo social e económico que albisque un futuro en igualdade en Galicia.

 

 

 


1 comentario

sobreiras · 8-03-2012 a las 18:49

Pero que panfleto nos largan os do goberno de Cesures, no concello hai dúas mulleres que discriminaron estes tan progresistas, a primeira a filla de María a de Eloy que deixaron fora metendo outra con peor puntuacion nas oficinas, a segunda Isolina a Cheira e meteron a outro con peor puntuacion, e despois desto sacan esta nota, que cara teñen! Igualdade, precariedade…non me fagades rir

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.