O Faiado da Memoria.

O FAIADO DA MEMORIA é un blog onde se recopila material audiovisual (fotografías principalmente) da historia e das xentes de diferentes lugares. Ten un apartado para o Concello de Pontecesures, que se pode visitar a través do seguinte enlace:

http://www.blogoteca.com/memoriapontecesures/

Asemesmo, tamén neste outro enlace se pode visitar o blog con todo o seu contido:

damemoria.com

A presentación da sección adicada ao Concello de Pontecesures fíxose o 9 de xaneiro de 2012 e nela expuxeronse dous vídeos aos que se pode acceder nos seguintes links:

Primeira parte:  http://youtu.be/AeiaUMiUY_4
Segunda parte: http://youtu.be/aUquZRyJqfM

 

 

Asfaltado da Rúa das Mimosas e Camiño dos Acevedos

No día de hoxe escomenzaron as obras de asfaltado no Camiño dos Acevedos e na Rúa das Mimosas. Con esta actuación dase remate á obra do PIR 2011 de Medio Rural.

Dende o grupo de goberno queremos pedir disculpas a tódo-los veciños da zona pola demora no remate das obras. Esta demora é totalmente allea ó grupo de goberno xa que a responsabilidade da execución da obra é competencia de Medio Rural.

Avería na Rúa Diputación.

Sobre as 9:45 horas desta mañán un veciño alertou á concellería de obras e á alcaldía dunha avería na instalación de augas na rúa Diputación. Unha vez comunicado o percance ó servizo técnico municipal e despois de presentarse no lugar o servizo técnico e o concelleiro de obras procedeuse ó arranxo da avería. Sobre as 11:45 horas a avería quedou completamente subsanada.

Novo alumeado

 

Dende o día de hoxe queda operativo o novo alumeado nas rúas San Lázaro, Otero Acevedo e Patifas. Ademais dos puntos de luz que contemplaba o proxecto inicial acordouse coa empresa adxudicataria, SETGA,  colocar dous puntos máis na rúa Carlos Maside. O vindeiro luns procederase á retirada das luminarias e ó cableado vello.

Este grupo de goberno quere agradecer as facilidades mostradas pola empresa adxudicataria para facer os cambios requeridos polo equipo de goberno tra-las suxerencias dos veciños da zona.

Asemesmo queremos decirlle ó Sr Sabariz que este grupo de goberno non actúa «a golpe de cornetín»,  nin da oposición nin de ninguén. Este grupo de goberno o que sí fai e fará é ter sempre en consideración as suxerencias dos veciños. Gobernar significa tomar decisións, pero sempre tendo en conta as opinións dos veciños e non ás costas deles. Iso é o que facía o grupo de goberno na anterior lexislatura, cando nin tan sequera falaba cos veciños á hora de acometer as obras (alumeado da rúa central, aceras no centro do pobo, etc).

E se non lembramos mal o «flamante» concelleiro de infraestructuras era o Sr Sabariz.