SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA HOXE LUNS 3 DE AGOSTO POLA TARDE.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada de hoxe pola tarde luns -3 de agosto procederáse a un corte na rede de subministro de auga, debido a obras que se están a executar no Camiño de Santiago.

Este corte afectará a rúa:

  • Infesta.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 15.00 ás 19.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

Pontecesures, 3 de agosto de 2020

NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DE PONTECESURES COA CUALIFICACIÓN DE “COMERCIO SEGURO”. 11 MÁIS QUE ACADAN ESTA CERTIFICACIÓN.

Novamente agradecer a aceptación que está a ter a Campaña de Comercio Seguro. Agradecemento á colaboración dos novos establecementos comerciais adheridos por ter acadado a cualificación de “comercio seguro” na enquisa:

  • Lavandería autoservicio Caballo Blanco.
  • Salón de Té Soles.
  • A Casa dos Nenos.
  • Agencia Victorio.
  • Peluquería Fran.
  • Droguería Chévere.
  • Sonrisa de Hilo.
  • Electrodomésticos Frois.
  • Decoraciones Grela.
  • Empatía Low Cost.
  • Panela Bakery Shop.

Moitas grazas a todos e parabéns.

Para aqueles establecementos que aínda non fixeron a enquisa on-line, recordase que aínda están a tempo de facelo. No caso de que non recibisen o whatsapp co enlace web para realizala, poden poñerse en contacto coa Concellería de Comercio do Concello de Pontecesures (604 051 572).