PODESE CONSULTAR A NOVA NO SEGUINTE ENLACE: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpipontecesures/
Sin Categoria
LABORES DE MANTENEMENTO NO CAMPO DE FUTBOL

Hoxe mércores realizaronse traballos de mantenemento no campo de futbol, consistentes na descompactación do cespede artificial para garantir o seu bo estado.
Sin Categoria
NOVAS DOACIONS POR PARTE DE 2 EMPRESAS LOCAIS DE MATERIAL PREVENTIVO Ó CONCELLO DE PONTECESURES
Nesta semana, o Concello de Pontecesures ven de recibir novas mostras de solidariedade e implicación por parte de empresarios veciños da vila.
Por unha banda, Antonio, Maria e Rosa Fernández Chaves, en representación de INDALDSU, empresa do sector do aluminio que a familia dirixe, fixeron entrega de 1200 pantallas de protección facial dando mostra do seu compromiso co benestar e seguridade de todos os veciños e veciñas deste concello, que tamén é o seu.

Por outra banda, Manuel Troitiño, propietario da empresa de construción IVANCA e veciño de Pontecesures, puxo a disposición desta institución un total de 750 mascarillas infantís destinadas a cativos e cativas de entre 3 e 14 anos.

O material donado será distribuido nos próximos días polo persoal do concello.
O equipo de goberno, como voceiro toda a veciñanza, quere mostrar todo o seu agradecemento polas aportacións recibidas e deixar patente o orgullo que sentimos de contar con veciños e veciñas que representan un modelo de implicación a seguir.