Sin Categoria
INTERRUPCIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE R.S.U. (recollida do lixo) O 7 DE DECEMBRO DEBIDO A FOLGA NA EMPRESA CONCESIONARIA.

Por motivos alleos ao Concello de Pontecesures –folga na empresa concesionaria FCC- na xornada do sábado 7 de decembro non se prestará o servizo de recollida de lixo.
Tendo en conta que o 6 de decembro é festivo nacional (día da Constitución) e que o 8 é domingo, serán en total 3 días sen servizo de recollida de lixo. Por isto, dende o concello solicitamos a colaboración de tódol@s veciñ@s para evitar a acumulación de residuos nas nosas rúas.
Recoméndase depositar as bolsas do lixo nos colectores o xoves 5 de decembro pola mañán, o antes posible para que se recollan nesa xornada; e non volver a facelo ata o luns 9 de decembro salvo que sexa estrictamente necesario.
O equipo de goberno municipal considera que seguindo estas recomendacións non haberá incidencias importantes no servizo polo que agradece a colaboración veciñal.
Sin Categoria
ACTIVIDADES DO 25N EN PONTECESURES.

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Por este motivo, o Concello de Pontecesures ven de organizar ao longo desta semana diferentes xornadas de concienciación e sensibilización dirixidas a todo o alumnado do CPI de Pontecesures a fin de espertar o espírito crítico dos máis novos e novas contra a violencia machista.
Ademáis, convidamos a toda a veciñanza de todas as idades a tomar parte no acto que se vai celebrar o próximo sábado día 23 de novembro na Plazuela no que se lerá un manifesto en sinal de repulsa por esta lacra social e se procederá a unha “solta” de globos moi especiais para recordar ás victimas deste mal que atenta contra os dereitos máis fundamentais das mulleres.
Este acto contará tamén con acompañamento músical.
¡¡¡Animádevos e traede tamén aos máis pequech@s!!!
