
Concello
ADXUDICACIÓN OBRAS CONCELLO DE PONTECESURES
A Xunta de Goberno Local ven de adxudicar as seguintes obras:
- “Fresado e Reasfaltado dun tramo da Rúa Carlos Maside”.
Consistente no fresado de 925 m2 para a posterior aplicación dunha capa de 6 cm de asfalto en quente.
A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez SA por un importe de 19.344,60€ (15.987,27€ máis 3.357,33€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019


- “Reurbanización dun tramo da Rúa Porto de Arriba”.
Consistente en:
- Porto de arriba.- Saneo dun tramo de 35 m e a execución dun muro de contención, realización dun foxo de 59 m para a instalación de tubería de PVC para saneamento con reposición das acometidas existentes e a realización dun foxo de 75 m para a instalación de tubería de PE para abastecemento e unha nova capa de rodadura en todo o ancho da rúa.
- Caldeirón de arriba.- construcción dun foxo de 95 m para tubería de PE de abastecemento con reposición de acometidas existentes e o extendido dunha capa de 5 cm de aglomerado en quente en todo o ancho da rúa.
A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez SA por un importe de 24.969,60€ (20.636,03€ máis 4.333,57€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019


- “Reforma e Renovación de Pista Deportiva”.
Consistente na limpeza mecánica da soleira, realización dunha nova pavimentación, marcaxe das pistas previstas e a construcción dunha pista de padel na pista Polideportiva da zona do peirado.
A obra foi adxudicada á empresa Zona de Obra O Rosal SL por un importe de 34.461,73€ (28.480,77€ máis 5.980,96€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2018.


- “Acondicionamento dun parque infantil en Grobas”.
Consistente na adecuación duns terreos para o seu uso como parque infantil realizando unha limpeza da zona de maleza e terra vexetal, retirada de mallas e restos de muros e xogos existentes e a realización dun novo peche, coa pavimentación da zona e a colocación duns xogos.
A obra foi adxudicada á empresa Actividades de Construcción, Edificación y Viales SL por un importe de 12.816,32€ (10.592,00€ máis 2.224,32€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través das baixas das obras do Plan Concellos 2017.

Sin Categoria
Vidal Seage e Santiago Villanueva estudan o futuro da Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil.

Esta semana o Alcade de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, mantivo unha reunión de traballo co Director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva.
En dita reunión o alcalde informou ó Director Xeral de Emerxencias da Xunta da situación actual das emerxencias no concello de Pontecesures e os protocolos que está a levar a cabo o 112 para atender as demandas de operativos en Pontecesures dende que a actual Agrupación de Voluntarios de Protección Civil anunciara o cese da sua actividade hai xa máis de un ano.
Analizáronse a operatividade e os costes de mantemento que supoñen para o Concello a potencial continuidade deste servizo e estudáronse tamén diversas medidas que permitan favorecer a coordinación entre as distintas agrupacións que prestan servizo na zona Ulla-Umia; especialmente a labor dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e máis en concreto os situados nos veciños concellos de Valga e Padrón.
Tamén se interesou o Alcalde polo convenio de cooperación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local regulado polo Decreto 115/2017 a fin de regularizar a situación dos corpos que están na actualidade a desempeñar as labores recollidas na vixente Lei.
En ambos casos Santiago Villanueva informou a Vidal Seage do seu compromiso para estudar ambos temas a fin de que coa coordinación Xunta-Concello se poidan regularizar ambas situacións e dar cobertura axeitada a emerxencias e seguridade cidadá dentro dun marco normativo que cumpla coa legalidade.
Sin Categoria
ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN EN IGUALDADE NO CENTRO SOCIAL: «IGUAL A NÓS» – SÁBADO 16 DE NOVEMBRO, 19.30 HORAS.

Igual a nós, ten os seguintes obxectivos: Mellorar a calidade de vida das mulleres; promover e sensibilizar na educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero; sensibilizar e concienciar ás persoas para a ruptura dos estereotipos de xénero existentes; potenciar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de comunicación e formación; e fomentar a participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal.