Festival de música tradicional «Letras Galegas 2006»

Organizado polo Concello de Pontecesures e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures e da ANPA do CPI Infesta de Pontecesures, celébrase o sábado día 20 de maio ás 19,30 horas na Prazuela unha edición máis do festival de referencia que conta coa participación dos seguintes grupos por orde de actuación (cada formación actúa por un tempo de 1/2 hora aproximadamente):

* Grupo Algueirada de Pontecesures.
* Agrupación Folclórica Trebeyu de Xixón (Asturias).
* Agrupación Folclórica de Santa Marta de Portuzelo de Viana do Castelo (Portugal).
* Grupo «Xarandeira»:http://xarandeira.pontecesures.net de Pontecesures.

A Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) denuncia o abandono que sofre a rúa Víctor García.

Nunha parte considerabel da beirarrúa desta rúa hai gran cantidade de maleza procedente de leiras particulares que invade a zona de paso dos peóns. Prexudícase así o paso das persoas e transmítese una imaxe incribel de abandono pois é dificil atopar un municipio coas rúas centrais invadidas polas herbas ou polas silvas.

Os veciños da rúa queixánse polo abandono que sofren xa que tamén teñen que soportar, dende hai meses, un andamio e un cerre de bloques nas beirarrúas coas dúas obras completamente paralizadas. Estes obstáculos obrigan ós veciños a pasar pola estrada cos conseguintes riscos. Esta situación xa foi denunciada pola ACP hai días pero nin a alcaldía nin a concellería de urbanismo resolveron nada, amosando unha total inoperancia.

Solicítase públicamente á alcaldía que se den ordes para que as beirarrúas queden libres de maleza e de obstáculos pois a situación xa comeza a ser desesperante.

Luis Angel Sabariz Rolán. Concelleiro da ACP

Detidos os delincuentes que roubaron en «Electrodomesticos Frois» o pasado 1 de maio

A Garda Civil rematou onte a operación Nitro II e dasarticulou en Sanxenxo e Vigo unha banda de 7 rumanos e 5 vigueses especialistas en roubos a establecementos comerciais mediante alunizaxes con tapadeiras de sumidoiros. Ian en coches roubados de gran cilindrada e cometeron máis de 30 roubos na provincia de Pontevedra (entre eles o de Pontecesures).
Os axentes están a revisar agora o material incautado en vivendas e establecementos comerciais de Vigo.
Esperemos que apareza todo ou parte dos aparellos roubados a Frois e sexan devoltos ó comercio.

Protección Civil de Pontecesures sofoca o lume dun incendio nun vehículo.

As 23 horas do día de onte 16 de abril e no cruce que une a rúa Victor García coa estrada nacional N-550 (rúa José Novo Núñez) incendiouse o motor dun vehículo Peugeot 205 dun veciño de Valga cando estaba detido no «stop» perto do antigo bar «A Marina». Os ocupantes abandoaron o coche de inmediato e con gran celeridade varios membros da Agrupación de Protección Civil de Pontecesures actuaron sobre as chamas con extintores logrando, coa axuda dalgúns veciños, extinguir o lume en poucos minutos sen producirse dano algún salvo o producido no motor do vehículo incendiado. O coche foi retirado para o aparcadoiro da antiga Casa Castaño e á medianoite foi transportado a un taller por unha grúa.
Débese salientar a rápida actuación dos voluntarios de protección civil que evitou riscos para persoas e bens e dar as grazas os membros da agrupación polo operativo realizado.

O grupo folclórico «Algueirada» actúa na Pascoa de Padrón 2006

O grupo Algueirada dependente da ANPA do CPI Pontecesures actúa hoxe as 19 horas no paseo do Espolón de Padrón nas festas do municipio veciño. Tamén o luns de pascoa a partir das 11 da mañá o grupo de gaiteiros de Pontecesures acompañará ós cabezudos nos pasarrúas e xa pola tarde ás 19,30 actuará outra vez todo o grupo na praza de Macías.
Actuarán uns 30 compoñentes do grupo dirixidos polos monitores Martín (danza e pandeireta) e Miguel (gaita).

O cura párroco de Pontecesures anuncia que deixará a parroquia ó rematar xuño próximo

Nas homilías das misas do pasado fin de semana, o cura párroco de Pontecesures D. Severino Potel Estévez anunciou que xubila por razóns de saúde e así deixará a parroquia ó rematar este curso escolar dicindo ademáis que non coñece nada que atinxa o nomeamento do seu substituto.
D. Severino Potel é de Outeiriño-Xanza (Valga), ten 79 anos e dentro duns días cumpre 22 anos ó fronte da única parroquia de Pontecesures (San Xulián de Requeixo)