ULTIMAS PRAZAS PARA O CURSO DIRIXIDO ÁS MULLERES QUE SE VAI CELEBRAR EN PONTECESURES DE RECICLAXE TEXTIL

Na mañá de hoxe quedan soamente 4 prazas por cubrir deste curso dirixido ás mulleres que se vai celebrar en Pontecesures a partir deste próximo luns día 16 en horario de mañá. Aquelas persoas interesadas deberán de chamar o teléfono 886 160 950 para mais información, ou pasar maña xoves a partir das 11 horas para ter unha entrevista co persoal técnico que se achegará a tal fin.