ENLACE Á PAXINA WEB DA XUNTA ONDE SAIRÁ A OFERTA DE CURSOS PARA DESEMPREGADOS NO 2012

Para chegar ó listado hai que pinchar neste enlace:

http://traballo.xunta.es/afd

O listado de cursos poderase atopar dentro de «Programación Aprobada», e está por provincias.

Hai que dicir que agora mesmo so están postos os cursos que a Xunta aprobou para os seus propios centros formativos. ? a partir do mes de marzo cando saen os cursos que organizan os centros publicos, coma os concellos;  e privados, coma academias.

O requisito imprescindible para optar a estes cursos é estar anotado no Inem coma demendante de emprego. Logo, dirixirse ó centro que organiza cada curso para obter información de como inscribirse no curso.

Recoméndase revisar cada certo tempo estes listados por provincias, pois ó longo das vindeiras semanas este listado de cursos irase ampliando progresivamente. Asimesmo consultar tanto as provincias de «Coruña» e de «Pontevedra», pola proximidade xeográfica a centros  de ambas provincias.

Información de cursos e formación.

ENLACES A CURSOS FORMACION

UXT GALICIA ?? IFES

 

http://www.ugtgalicia.org/seccion.php?id=8e296a067a37563370ded05f5a3bf3ec

CCOO GALICIA ?? FOREM

 

http://wiki.foremgalicia.eu/

CIG ?? FORGA

 

http://forga.info/web/inicio/formacion/subvencionada

Cada un dos enlaces leva á zona correspondente dese sindicato para poder ver os distintos tipos de cursos destinados tanto a traballadores en activo, coma  a desempregados.

Seguindo as instrucción, poderase facer as preinscricións nos cursos elegidos.

De todolos xeitos para calquera dúbida ou consulta podese pasar, a partir do mércores 26 de outubro pola oficiña do Técnico de Emprego do Concello de Pontecesures.