• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Archivos paraConcello

Concello

BANDO CONTRATACION DE 9 POSTOS LABORAIS

4-02-2019 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Archivado en:Concello, Formación/Emprego

PROGRAMACION ACTIVIDADES NADAL 2018

21-12-2018 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Achégase un díptico coa programación de Nadal 2018 elaborada polo Concello de Pontecesures.

 

Archivado en:Concello, Sociedade Etiquetado con:Concello, nadal, Pontecesures

ADXUDICACION DE OBRAS NO CAMIÑO Á PAXAREIRA, NO CAMIÑO DE INFESTA, E NA ZONA PORTUARIA

19-12-2018 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

A Xunta de Goberno Local do venres 14 de decembro de 2018 aprobou a adxudicacion das seguintes obras:
1. Reurbanización dun tramo do Camiño Paxareira.
Esta obra consiste na demolición do pavimento actual de formigón, na renovación do saneamento (seguindo a pólitica deste equipo de goberno de separar as liñas de fecais das pluviais) e na renovación da liña de abastecemento de auga. Así mesmo o novo pavimento será de aglomerado asfáltico.
Está obra foi adxudicada á empresa Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa SL por un importe de 65.700,12€ (IVE incluído) financiados polo Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
2. Reurbanización dun tramo do Camiño de Infesta
Esta obra consiste na renovación tanto dos pavimentos como das instalación municipais de saneamento e abastecemento de auga, así como o acondicionamento de dúas pequenas zonas de estancia relacionadas co uso tanto por parte dos residentes na zona, como dos peregrinos que transitan por este camiño, que forma parte do Camiño de Santiago (Camiño Portugués).
Esta obra foi adxudicada á empresa Actividades de Construcción, Edificación y Viales SL por un importe de 70.495,60€ (IVE incluído) financiados polo Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
3. Recuperación do Espazo Público de Pontecesures cara á Ría
O Concello de Pontecesures ten programado acometer obras de reurbanización, con construción dun parque infantil, para a recuperación do espazo público existente na Travesía dos peiraos, Caleixón ao mercado, Travesía Mercado e zona verde na Avda. Eugenio Escudeiro.
O Concello de Pontecesures pretende poñer en valor un importante espazo público existente que se atopa claramente infrautilizado pola cidadanía, permitindo con iso non só a dinamización social, económica, cultural, deportiva e de lecer na zona de actuación, senón tamén e á súa vez propiciando unha recuperación progresiva da relación entre o centro da vila e o peirao.
Non cabe dúbida de que a posta en valor, a través da transformación programada, do espazo público obxecto de intervención alcanzaría tamén a todo o conxunto edificado no porto de Pontecesures, na medida en que coas obras proxectadas, que inclúen a construción dun parque infantil (dividido en dúas áreas de xogos), como complemento á activación do mercado municipal, promoverá a chegada interxeneracional dunha importante parte da cidadanía á zona, o que a recado podería estimular a aparición de actividades de restauración e/ou lecer na zona, propiciando unha progresiva secuencia de actividades deportivas, económicas, sociais e culturais que permitan articular unha continuidade funcional do devandito espazo ao longo do tempo
Polo tanto, coa actuación programada xeraríase a suficiente capacidade de atracción para iniciar un cambio de mentalidade no uso do espazo público, capaz de reforzar a presenza continuada dos veciños e facer que, décadas despois, o porto de Pontecesures deixe de ser unha reserva de chan para aparcadoiro e volva ser o lugar de encontro e o centro de actividade de moitos dos seus cidadáns.
Esta obra foi adxudicada á empresa Nexia Infraestructuras SL por un importe de 359.198,43€ (IVE incluído) dos que 287.358,74€ son financiados a través do Convenio subscrito no marco do “Programa de mellora do reequilibrio territorial dos servizos, concello de menos de 20.000 habitantes” da Deputación de Pontevedra e 71.839,69€ son financiados polo Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.
 
(Fotos do estado actual das zonas onde se van a realizar estas obras).

Archivado en:Concello Etiquetado con:Camiño Portugués, Concello, infantil, Infesta, obras, parque, peregrinos, Pontecesures, Pontevedra, Porto, santiago, xunta

INICIO DAS OBRAS DE REPARACION DA PASARELA PEATONAL SOBRE A N550.

17-12-2018 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Logo da reunión mantida entre o Alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, co vixiante da Demarcación de Estradas do Estado en Pontevedra o pasado mes de outubro, hoxe deron comenzo as obras de mellora e reforma da deteriorada estructura da pasarela sobre a N550 que comunica o centro urbán do concello coa zona donde se encontra o pavillon, colexio CPI e gardería municipal.
 
AS obras están sendo realizadas pola empresa cesureña Construcciones Caamaño e consisten nun primeiro momento en labores de chorreo da estructrura para, unha vez que mellores as condicions climatalóxicas , proceder ó saneado da estructura e proxectar novo formigón.
 
Lembrar que é unha estructura fundamental e que diariamente se transita por centos de alumnos e veciños que sortean de este xeito unha transitada estrada N550.

Archivado en:Concello, Sociedade Etiquetado con:Concello, n550, obras, Pontecesures, Pontevedra

NOTA INFORMATIVA REFERENTE Ó TRAFICO RODADO O SABADO 29 DE DECEMBRO CON MOTIVO DA XIX CARREIRA POPULAR

13-12-2018 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Archivado en:Concello, Deportes, Sociedade

OBXETOS PERDIDOS ATOPADOS OS ULTIMOS DIAS

26-11-2018 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Nos últimos días atopáronse:

  • 1 reloxio infantil dun equipo deportivo. Apareceu no entorno da casa do concello.
  • 1 xogo de chaves atopada na zona da rúa Victor García.

Para reclamar a súa propiedade dirixirse á policia local do concello.

Archivado en:Concello, Sociedade Etiquetado con:Concello, infantil

  • « Ir a la página anterior
  • Ir a la página 1
  • Ir a la página 2
  • Ir a la página 3
  • Ir a la página 4
  • Páginas intermedias omitidas …
  • Ir a la página 674
  • Ir a la página siguiente »

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Finou Ilda Penedo Gaspar.
  • Datos COVID de hoxe domingo.
  • La iluminación de la rotonda de «A Tarroeira» en la N-550 continúa inoperativa.
  • El COVID en Ulla/Umia.
  • Número de infectados COVID (datos deste sábado).

Comentarios recientes

  • Agustín iglesias crespo en Treinta años entre Pontecesures y Angola.
  • lampreadoulla en Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

fiesta psoe la voz de galicia sabariz xunta tripartito fútbol Caldas Maneiro lamprea Historia Porto Concello faro de vigo sar Catoira sábado correo gallego Diario de Arousa Campaña santiago concurso a ponte pleno obras Pontevedra padrón protección civil Ulla Vilagarcía n-550 valga Angueira ACP pp fin de semana Vigo Pontecesures iglesia plaza curso río ulla BNG festa tren

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños