Mentres nalgúns lugares a preocupación polo incremento no custo das enerxías dá lugar a bromas sobre se haberá que estudar para entender as facturas, no Concello de Valga tomaron a cuestión en serio e hoxe impártese o primeiro cursiño destinado aos veciños para que comprendan os recibos da electricidade.
Ás 11:00 horas, no Centro Ocupacional de Discapacitados (CODI), os responsables da Oficina Municipal de Consumo presentarán a expertos da Asociación de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia, ADICAE, que serán os encargados de impartir este obradoiro.
Coa actividade preténdese que os usuarios aprendan a natureza dos distintos conceptos que se inclúen na factura do subministro eléctrico, de modo que comprendan que é o que se lles cobra, e, se o precisan, traten de usar este coñecemento para reducir o custo da electricidade.
Diario de Pontevedra