A Casa-Museo de Rosalía expón o único retrato pintado en vida que se conserva da escritora.

Publicado por Redacción en

cro

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, expón nunha das súas salas o único retrato pintado en vida que se conserva da escritora, obra de Modesto Brocos, ademais de varios mobles que perteceron a súa familia. Todo elo, xunto con cinco pinturas de Ovidio, fillo de Rosalía, foi cedido pola Deputación de A Coruña a fundación rosaliana e esta mañá os responsables de ambas institucións asinaron o convenio que así o reflexa.

O presidente da Deputación, Diego Calvo, aproveitou o acto para visitar a Casa-Museo de A Matanza, tendo como guía ao responsable da Fundación Rosalía, Anxo Angueira. Estiveron acompañados polos alcaldes de Padrón e Rois e por patronos da institución padronesa.

Tanto Diego Calvo como Anxo Angueira destacaron a importancia da cesión dos bens, en especial do retrato de Rosalía xa que, como dixo o presidente da fundación padronesa, supón a «volta a casa» da poetisa, que foi pintada cando residía en Lestrobe.

«�nchenos de orgullo e de emoción ter este cadro na Casa de Rosalía», asegurou Anxo Angueira.

Pola súa banda, Diego Calvo dixo que era un acto de «xustiza» ceder o cadro a fundación rosaliana para a súa exposición en Padrón, como primeiro paso para «estreitar a colaboración» entre ambas institucións. «� aquí onde estas pezas cobran o máximo sentido», afirmou Calvo.

O retrato de Rosalía, o sofá e dúas butacas que perteceron a súa familia e máis cinco paisaxes pintados polo seu fillo Ovidio Murguía estaban expostos ata o de agora no Pazo de Mariñán.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.