O Concello de Valga ofrece un cursiño aos veciños para que entendan o recibo da luz.

Publicado por Redacción en

Mentres nalgúns lugares a preocupación polo incremento no custo das enerxías dá lugar a  bromas sobre se haberá que estudar para entender as facturas, no Concello de Valga tomaron a cuestión en serio e hoxe impártese o primeiro cursiño destinado aos veciños para que comprendan os recibos da electricidade.

Ás 11:00 horas, no Centro Ocupacional de Discapacitados (CODI), os responsables da Oficina Municipal de Consumo presentarán a expertos da Asociación de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia, ADICAE, que serán os encargados de impartir este obradoiro.

Coa actividade preténdese que os usuarios aprendan a natureza dos distintos conceptos que se inclúen na factura do subministro eléctrico, de modo que comprendan que é o que se lles cobra, e, se o precisan, traten de usar este coñecemento para reducir o custo da electricidade.

Diario de Pontevedra


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.