O 8 de decembro, presentación do coro infantil «Melodías» de Pontecesures.

Presentación do Coro Infantil «MELODÍAS» Apadriñado pola Coral Polifónica de Pontecesures.

Sábado 8 de decembro ás 19:00h. na Igrexa Parroquial de San Xulián. Participan:
Coro Infantil «A?ORANZAS» de Catoira.
Coro de «VOCES BRANCAS» de Bergantiños
Coro Xuvenil «CLAVE DE SOL» de Vilariño (Cambados)
Cerra este programa a «CORAL POLIF?NICA DE PONTECESURES» acompañado polo Coro «MELODÍAS».

Sabariz alerta de «incidencias desagradables» en las clases de gimnasia para adultos.

Luis Sabariz, portavoz de la Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP), alerta de «incidencias desagradables» en las clases de gimnasia de adultos, y alude, por ejemplo, a que «en algunas ocasiones la monitora, en lugar de dedicarse a impartir clases, se dedica a dar charlas para hacer política y que las alumnas colaboren como voluntarias en diversos actos del Concello». El independiente, que también denunció estos hechos en el pleno del lunes pasado, incide en lo manifestado en su día sobre la «semiprivatización de la actividad», y dado que al parecer hubo quejas, critica que la empresa «cobre directamente unos precios a las interesadas que son más altos que los fijados por el Concello». A esto se suma que la empresa, a pesar de ser privada, «usa el equipo de música del Concello, lucrándose, por tanto, de material que es de todos». Tras criticar que el gobierno tripartito no aclare estos hechos y no les ponga freno, Sabariz termina diciendo que «una actividad exitosa en el curso pasado se transformó en un foco de problemas a causa de la gestión del gobierno».

FARO DE VIGO, 02/12/12

Pancartas para reclamar una deuda.

La plataforma de afectados por las obras de la carretera PO-548 en Valga han optado por colocar pancartas como medida de presión para que la Xunta les pague de una vez por todas el dinero que le adeuda por ocupar sus terrenos para urbanizar la recta de Campaña. Tres años después, siguen esperando.

LA VOZ DE GALICIA, 02/12/12

Herbón comeza a preparar a terra dos invernadoiros para a colleita do pemento.

Os produtores apenas teñen descanso tras a conclusión da anterior campaña

Algún produtor xa retira as plantas dos invernadoiros de cara a limpalos para a próxima plantación m. ares Pouco, pero que moi pouco descanso teñen os pementeiros de Herbón dende que remata o tempo da colleita ata que comezan os traballos para un novo ciclo de plantación de cara a próxima campaña. Rematado o tempo de comercialización, o 31 de outubro no caso dos produtos amparados pola denominación de orixe, a maior parte dos invernadoiros de pementos de Herbón xa teñen as plantas arrancadas, como primeiro paso para a súa preparación de cara a próxima campaña.

«Xa se engancha unha cousa con outra», explica un produtor en alusión ao fin da campaña e ao inicio do novo ciclo. «O que pode, colle uns días de descanso ao acabar a campaña pero agora, a maioría, xa estamos cos semilleiros para plantar», asegura este produtor de Herbón, M.R.C. No seu caso, xa ten algún invernadoiro en terra e outros coas plantas arrancadas, pendentes de sacar para fóra. «Convén sacalas para que, en caso de que algunha estea enferma, sacar tamén a enfermidade», explica este veciño de Herbón.

Cos invernadoiros baleiros toca a fase de «desinfección ecolóxica», de cara a rexenerar a terra para a próxima colleita. Isto é que, este produtor, como fan cada vez máis, opta por plantar nos invernadoiros cereais ou leguminosas, plantas que comen da terra as sustancias que non precisa o pemento e, por tanto, axudan a enriquecela. Por iso, este cultivador asegura que preparar ben os invernadoiros leva tempo» pero en iso tamén está parte do éxito da próxima colleita, engade.

Semilleiros

Así, as leguminosas e os cereais permanecen na terra ata xaneiro ou febreiro, que é cando se fresa a terra co tractor e se abona o terreo para as novas plantas que, en moitos casos, xa medran nos semilleiros plantados a cuberto. Tamén hai quen é máis tradicional e, na vez de leguminosas ou cereais, planta produtos da horta, como leituga, pero este produtor considera que «hoxe xa non compensa facelo». En calquera caso, antes da próxima plantación de pementos, moitos produtores analizan a terra dos seus terreos, sobre todo daqueles que «deron máis problemas», normalmente cada dous anos, para saber os niveis de fósforo, potasio e calcio, entre outros minerais, e comprobar así a riqueza do terreo e as súas necesidades de abono.

LA VOZ DE GALICIA, 02/12/12