Quero desexarlle a tódolos que seguen este medio, moita felicidade neste Nadal.
Unha aperta.
Luis Angel Sabariz Rolán.
Quero desexarlle a tódolos que seguen este medio, moita felicidade neste Nadal.
Unha aperta.
Luis Angel Sabariz Rolán.
Anda pola rúa Deputación, á altura do número 23 este gatiño perdido, ten un collar e tamen un «cascabel».
? moi sociable e coido que o dono estará a buscalo.
O Coro cesureño «A Barcarola» actuando no Igrexa Parroquial de Santiago de Padrón no Festival de Santa Cecilia de corais o pasado día 24 de novembro. De esquerda a dereita as cesureñas Avelina Cordo, Elena Vidal, Victoria García Miniño, Dolores Barreiro, Felicidad Bea e Sara Pereiras.
Rematou o prazo de presentación de candidaturas para estas eleccións onde serán elixidos os tres representantes do persoal laboral do concello para os próximos catro anos.
As candidaturas son as seguintes:
CCOO (Xurxo Gerpe Jamardo, Franciso Freiría Oliveira e Elías Sanmarco Enrique).
UXT (Eduardo Enrique Bóveda, José F. Rodríguez Fructuoso e Alvaro Constantino Espiño).
CIG (Mª Teresa Gil García, Manuela González Vázquez e José M. Moreiras Eitor)
O sindicato CC.OO solicitou que fora colocada unha urna e unha cabina para as votacións como garantía do proceso.
Segundo google Analytics esta é a evolución desta web:
table(tabla).
|_. |_. Outubro |_. Cambio mes anterior |
|_. Visitas |>. 11.678 |>. +24,82%|
|_. Páxinas Vistas|>. 36.254 |>. +34,56%|
|_. Paxinas por Visita|>. 3,10|>. +7,80%|
|_. Promedio de tempo por visita|>. 4’21»|>. -6,68%|
|_. % de visitas novas|>. 32,26%|>. +21%|
|_. Usuarios únicos absolutos|>. 4.759 |>. +45,36%|
Este mes, coma os anteriores o crecemento de accesos é realmente elevado, sendo o día con máis páxinas vistas o día 3 de Outubro con 1.584 páxinas vistas.
Tamén hai que facer mención ó numero de entradas dese mes, no cal chegamos a ter un total de *218 entradas*, que fan unha media de máis de 7 entradas/día.
Precisase urxentemente señora/rapaza responsable para coidar persoa maior en Pontecesures.
Preferentemente interna. Bo salario e posibilidade de residencia na vivenda para un matrimonio, p. ex.
Mais información e condicións: Contactar no 616 568 347