José Miguéns estrea o seu palmarés internacional cun bronce europeo.

mig

O Kennel Den de Catoira retornou esta fin de semana da localidade inglesa de Therford cos seus cinco deportistas na selección española de mushing cumprindo as expectativas no Campionato de Europa IFSS. Co pontecesureño José Miguéns colgándose a medalla de bronce na modalidade de canicrós júnior. Unha proba na que, certo é, tan só participaron finalmente tres competidores, e co galego, debutante no panorama internacional na que inda é a súa segunda tempada coma canicrosser, moi lonxe do británico Rowan Saxto e do sueco Jonas Näslund, subcampión en 32.24 e campión en 31.51, respectivamente. Miguéns, pola súa banda, cubríu as dúas mangas cronometradas en 33.10 facendo parella con Sultán.

Polo que respecta ao resto dos internacionais do Kennel Den, a súa presidenta, a catoirense Mónica Touriño, protagonizou a súa mellor actuación internacional cun cuarto posto en canicrós feminino sénior, cuarta con Nepal cun crono de 31.29.36, polos 31.00.51 da alemana Viola Hummel, bronce. As checas Martina Stepankova (28.04.45) e Katerina Bluchova (30.29.89) fixéronse co ouro e coa prata.

Publicidad

?scar Piñeiro e Argos remataron quintos en canicrós sénior, Kiko Martínez e Polo décimos en veterán, e decimoitavos en bikejoring Noelia Piñeiro e Gala.

LA Voz de Galicia

O CONCELLO DE PONTECESURES ABRE O PRAZO PARA A COLABORACI?N / PARTICIPACI?N NA CABALGATA DE REIS.

reyes-magos-de-oriente11

O Concello de Pontecesures invita a participación de todos, nenos e maiores, na Cabalgata de Reis. Os interesados en participar poden incribirse nas oficinas do Concello ata día 2 de xaneiro.  A Cabagata de Reis será o xoves 5 de xaneiro, sendo o lugar de reunión dos participantes nave de obras do concello ás 16.30 horas (saída da cabalgata ás 17.30 horas).

A distribución e reparto da roupa para o desfile será nos días 2 e 3 de xaneiro pola mañán na nave de obras do concello.

Así mesmo, tamén aquelas persoas e/ou asociacións que queiran colaborar na organización desta actividade (elaboración de carrozas, etc?)  poden pasar polo concello para tratar este asunto coa concellería correspondente.

Críticas do BNG a Vidal Seage por «ocupar» a Deputación xunto cos alcaldes do PP.

bsea

bseag

O señor Seage, alcalde de Pontecesures, convírtese, unha vez máis, no protagonista de situacións que raian o esperpento.
Durante a lexislatura anterior e o primeiro ano da actual (ata a moción de censura do 9 de maio), as solicitudes tanto a Augas de Galicia como Portos, co fin de mellorar a situación na zona do Telleiro a Augas (con visita do señor Cores Tourís incluida) e acadar melloras na zona portuaria, foron sistemáticamente denegadas alegando os máis variopintos motivos. Curiosamente,unha semana despois de aprobarse a moción de censura que permitiu a entrada do PP no goberno grazas ó apoio de Cordo e IP, comenzaron as obras no peirao coa pavimentación da vía e a limpeza do mesmo. ¡Qué curioso! Básicamente,sen tempo para preparar un proxecto que presentar para solicitar estas melloras, concédense así, sen máis. Por suposto, esto foi achacado á inmensa capacidade de xestión do equipo de goberno…
O pasado día 15, o noso ínclito alcalde xunto ós sus homólogos populares doutros concellos, non dubidou en ocupar o salón de plenos da Deputación de Pontevedra, sen aviso nen autorización, para protestar polo reparto de fondos da deputación ós concellos; fondo que, por primeira vez, remata co reparto discrecional que, durante a etapa Louzán, ben sabemos a que concellos beneficiaba, a mesma política que antes e agora practica a Xunta de Galicia, repartindo e beneficiando de xeito «discrecional» ós concellos amigos. Unha vara de medir ben curiosa, non é?
Chama a atención que deputados e outros membros do PP critiquen a manifestación (autorizada) celebrada o 29 de outubro en Madrid e a tilden de atentado á democracia pero, ó mesmo tempo, non dubidan en levar a cabo accións como a do pasado martes, entrando no Pazo Provincial en plan comandos… Tamén nos chama a atención que o señor Seage adique o tempo no que debería estar atendendo asuntos propios do concello, polo que recibe unha remuneración de 1,200 euros por cinco horas de traballo, a realizar actividades de promoción e publicidade do seu partido…

BNG Pontecesures