FESTAS DO CARME 2016.

CARTEL FESTAS DO CARME 2016WEBTROVADORES

BAMBA

CHARLESTON

Nos vindeiros días 2, 3 e 4 de xullo celebraremos en Pontecesures as FESTAS DO CARME 2016. Recórdase novamente a tódolos veciños/as que  queiran facer donativos que a conta que este Concello ten aberta na sucursal de ABANCA en Pontecesures para esta finalidade é a seguinte:

ES83 2080 5112 61311000 1726.

Así mesmo, todas as persoas interesadas que queiran participar na procesión-desfile do domingo 3 de xullo poden anotarse nas oficinas do concello ata o mércores 29 de xuño ás 14.00 horas.

Uxío Benítez e o alcalde de Pontecesures reúnense para analizar actuacións de mobilidade sostible neste concello.

A prioridade neste municipio é a urbanización dun tramo da vía Porto-Valeiros de acordo con criterios de seguranza viaria.

visea

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, reuniuse esta mañá co alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, para coñecer as súas solicitudes e prioridades de actuación nas vías provinciais neste municipio. O deputado provincial aproveitou, ademais, para explicarlle ao rexedor e ao seu equipo os novos parámetros que se aplican desde o seu departamento á hora de acometer as actuacións, tendo sempre en conta factores de seguranza viaria e de mobilidade sostible.

De acordo con estes parámetros, tanto o deputado como o rexedor abordaron a solicitude de urbanización dun tramo da vía Porto-Valeiros (EP-8602). Segundo explicou o rexedor do municipio, esta solicitude xa é unha vella demanda que persegue a humanización do tramo da Avenida dos Namorados. Aínda que desde o concello xa se manexaba un estudo de fai oito anos, na xuntanza desta mañá acordouse analizalo de acordo cos novos parámetros de mobilidade sostible. Unha vez revisado e estruturado na liña dos novos criterios, para o que se estableceu un período de dous meses, os representantes municipais acordaron volver presentar a solicitude para esta actuación.

No marco do plan M?VESE, o Concello de Pontecesures ten solicitadas un total de 4 actuacións. Trátase de solicitudes na liña das medidas de calmado do tráfico segundo os novos parámetros que promove o ente provincial, co obxectivo de mellorar a mobilidade e a seguranza viaria.

Páxina web da Deputación de Pontevedra