Algunhas das persoas premiadas na campaña «POLO NADAL MERCAR EN PONTECESURES TEN PREMIO».

CONCELLO DE PONTECESURES

O PP de Pontecesures critico e irónico ante a visita de Bará.

Pois xa sabemos que Luis Bará non só ven a Pontecesures a facer asambleas para opoñerse ao polígono de Pontecesueres..agora ven tamén a darlle un pulo a alcaldesa, ao seu concelleiro “caladiño” de obras, e a anterior portavoz do BNG, (que disque non sale da casa do Concello de un tempo a esta parte..)

Pois eso, que ven a comprometer a axuda da Xunta, se muda de goberno despois do próximo 18F, para melloras en instalacións deportivas, auditorios e demáis…Supoñemos que non o levarían a amosarlle os froitos da magnífica xestión levada a cabo polo actual goberno con respecto á pista deportiva a carón do peirao, os vestiarios do pabellón que deberan estar rematados hai meses e está parada a obra dende o 28 de novembro ou os abraiantes investimentos en instalacións deportivas no que vai de lexislatura ( un aro dunha canasta, dúas proteccións para as canastas, unha estantería e tres enchufes…)

Tampouco lle contarían ao deputado a axilidade do actual goberno municipal que para tapar buratos nas rúas do pobo, ou a pasmosa capacidade para deixar sen executar un 27% dunha obra dun parque infantil. Bará de seguro que marchou de Cesures maravillado co equipo que deixa para apoiar a un BNG que pretende conquistar a Xunta, con xente como a do actual equipo de goberno, o PP pode estar tranquilo.

POPULARES DE PONTECESURES

O PP de Pontecesures insiste coas deficiencias na Rúa Nova.

E obrouse o miragre…¡¡¡ hai uns días, logo de que o PP denunciara o estado da rúa Nova apareceu todo un rexemento de maquinaria e tubaxes para tratar de repoñer ao estado orixinal a emblemática obra do BNG en lexislaturas pasadas.. ao final vaia se lle importaba a Tocino …
Por certo… resulta curioso que os que antes se escandalizaban na anterior lexislatura por un cono enriba dunha beirarrúa durante dúas semanas, agora con unha boca de metro durante case tres meses debe resultarlles do máis normal.
Con todo elo, 82 días despois a rúa Nova sigue pechada con un valado metálico, agardando a que alguén coloque os adoquíns que levan amoreados xa hai semanas. E así todo.

POPULARES DE PONTECESURES

A exposición do aniversario da vía férrea chega a Padrón. O venres inauguración.

Luis Bará visitou Pontecesures.

En Pontecesures afirmou que o Bloque dende a Xunta “será aliado dos concellos”, ante a demanda de axuda para ampliar o polideportivo, a cuberta do CPI e un centro social-auditorio.

Reorganización do tráfico o día 21 por mor da carreira popular.

O VINDEIRO DOMINGO, DÍA 21 DE XANEIRO, CON MOTIVO DA “XXIII CARREIRA POPULAR” ESTARÁ PROHIBIDA A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS, TANTO DE ENTRADA COMO DE SAÍDA, NA RÚA SAN LOIS.

NO TRAMO COMPRENDIDO ENTRE “BAR MAMBÍS” E PASO A NIVEL, DENDE AS 6:00 H. ATA AS 14:00 H. (POR MOTIVOS DE INFRAESTRUCTURA). AQUELES VECIÑOS QUE PRECISEN UTILIZA-LOS VEHÍCULOS, PROCURARÁN ORGANIZA-LA SAÍDA ANTES DA HORA DE PECHE Á CIRCULACIÓN.

PRÉGASE QUE SEXAN RESPETADAS AS INDICACIÓNS DA ORGANIZACIÓN E COLABORADORES, PARA GARANTI-LA SEGURIDADE DE PARTICIPANTES E USUARIOS EN XERAL.

GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

CONCELLO DE PONTECESURES.

DEPARTAMENTO DE VIXILANCIA E SEGURIDADE.