O PP de Pontecesures critico e irónico ante a visita de Bará.

Publicado por Redacción en

Pois xa sabemos que Luis Bará non só ven a Pontecesures a facer asambleas para opoñerse ao polígono de Pontecesueres..agora ven tamén a darlle un pulo a alcaldesa, ao seu concelleiro “caladiño” de obras, e a anterior portavoz do BNG, (que disque non sale da casa do Concello de un tempo a esta parte..)

Pois eso, que ven a comprometer a axuda da Xunta, se muda de goberno despois do próximo 18F, para melloras en instalacións deportivas, auditorios e demáis…Supoñemos que non o levarían a amosarlle os froitos da magnífica xestión levada a cabo polo actual goberno con respecto á pista deportiva a carón do peirao, os vestiarios do pabellón que deberan estar rematados hai meses e está parada a obra dende o 28 de novembro ou os abraiantes investimentos en instalacións deportivas no que vai de lexislatura ( un aro dunha canasta, dúas proteccións para as canastas, unha estantería e tres enchufes…)

Tampouco lle contarían ao deputado a axilidade do actual goberno municipal que para tapar buratos nas rúas do pobo, ou a pasmosa capacidade para deixar sen executar un 27% dunha obra dun parque infantil. Bará de seguro que marchou de Cesures maravillado co equipo que deixa para apoiar a un BNG que pretende conquistar a Xunta, con xente como a do actual equipo de goberno, o PP pode estar tranquilo.

POPULARES DE PONTECESURES


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.